miniatura|Bico. miniatura|Gustav Klimt, O bico, 1907-1908. Un beixo ou bico é unha caricia que unha persoa proporciona a outra aplicando os seus beizos sobre calquera parte do corpo desta, máis habitualmente as meixelas ou os beizos. Nas situacións de maior intimidade é común que os beixos se produzan entre as bocas das dúas persoas, que se acarician reciprocamente. Dada a cantidade de terminacións nerviosas presentes na zona dos beizos, os bicos son un modo extraordinariamente eficaz de provocarlle sensacións á persoa bicada, en particular as que teñen unha carga de tipo afectivo ou erótico.

Etimoloxía A palabra beixo ([bejʃo]) vén da voz latina basium, e esta á súa vez probablemente do grego bádzo, eu falo, ou de basko, baskaino, eu murmuro. Outra hipótese suxire unha orixe onomatopeica non confirmada. A palabra latina experimentou unha metátese do i, coa conseguinte evolución a través de *baisu > *baiso > *beiso > beixo. Noutras linguas deu voces similares, así beijo en portugués, bissou en francés, bacio en italiano ou beso en castelán. A palabra bico, por analoxía, é homónima do termo anatómico bico, que é sinónimo de peteiro, o extremo córneo exterior das bocas das aves e doutros animais.

Mecanismos miniatura|Antonio Canova, Psiche ravvivata dal bacio di Amore, 1793. Fisioloxía Un beixo é un acto bucal no que poden chegar a participar até 29 músculos, 17 deles relacionados coa lingua, e consumirse 9 miligramos de auga, 0,18 de substancias orgánicas, 0,7 de materias graxas, 0,45 de cloruro sódico, cun gasto enerxético de 6,4 calorías durante a fase máis intensa. Asemade poden pasar dunha boca á outra centenares de bacterias e millóns de xermes. Durante un bico a presión sanguínea increméntase, o corazón acelérase ata duplicar o seu ritmo normal, o sangue aflúe á pel en maior cantidade e aumenta a temperatura superficial do corpo .

Un embrión humano de só seis semanas ten unha boca definida, con dúas mandíbulas, beizos e lingua. Nas semanas anteriores ó nacemento o feto succiona as súas propias mans, de modo que cando nace xa está capacitado para mamar.

Pola súa posición no corpo, a boca e o órgano eróxeno máis próximo ó cerebro. En palabras de Jean-Luc Tournier, "non hai acto que permita unha implicación voluntaria do ser tan total como o beixo", e é así a causa da súa función primaria -a nutrición- e de que a boca permite entrar en contacto e establecer comunicación con outras persoas. A pel dos beizos é máis fina que a do resto do corpo, pero ademais disto os beizos están cheos de nervios e a actividade química do depósito nervioso facial do cerebro é intensa durante o beixo. Ademais os beizos teñen unha especial capacidade de atracción visual de tipo erótico. Para aproveitar esta capacidade, é frecuente, sobre todo entre as mulleres, a práctica de modificar o aspecto externo dos beizos mediante cosméticos, que lle aportan cores e texturas máis atractivas e un tacto máis suave. A lingua tamén é un órgano táctil. Está composta por unha serie de músculos intrínsecos -verticais, lonxitudinais e transversais- suxeita por músculos extrínsecos. Sobre a súa superficie distribúense os receptores dos sabores, as papilas gustativas, agrupadas segundo os sabores para os que están especializadas.

Psicoloxía A finais da década de 1950, a Etoloxía (ciencia que estuda o comportamento dos animais) veu impoñerse sobre a psicoloxía experimental, que pretendía que a meirande parte do comportamento humano é aprendido. Os etólogos, con Konrad Lorenz á cabeza, demostraron que os patróns de comportamento tamén están sometidos a unha selección natural que deriva nunha evolución, de modo que moitas das actividades dos animais superiores son instintos abertos, é dicir, contan con elementos innatos e aprendidos. Bicar é un deles.

Sigmund Freud sostiña que o pracer co que o cativo mama do peito materno é reactivado ó descubrir actividades análogas, como chucharse o dedo ou bicar. Para Freud, este feito marca o inicio da fase oral, que é preludio da fase anal. Durante esta fase oral do desenvolvemento psíquico é característica a actividade sexual que se manifesta no uso dos beizos, e a súa resolución marca toda a vida sexual posterior. Nas súas Leccións introdutorias á psicanálise, Freud sinalaba que "o beixo pode ser cualificado de acto perverso, pois consiste na unión de dúas zonas bucais eróxenas e non na dos órganos sexuais opostos". .

Marco cultural miniatura|dereita|200px|Suzuki Harunobu, detalle dun Shunga, ca. 1750. miniatura|dereita|200px|Marcel Oosterwijk, De Kus, 2001. miniatura|Konstantine Makovskii, Картина, 1883. miniatura|Anónimo, grafito no muro de Berlín, sen data. miniatura|Lawrence Alma-Tadema, Ask Me No More, 1906. Antecedentes Os primatólogos Jane Goodall e Biruté Galdikas observando os chimpancés de Gombe, en Tanzania, descubriron que os machos de menor rango do grupo a miúdo se agochaban submisamente e bicaban algunha parte do corpo do macho dominante. Como variantes deste comportamento estaba a de bicar a man doutro, que se pode dar entre o macho dominante e outro chimpancé acabado de chegar ou entre unha nai e un fillo. Outros científicos observaron xestos como o de tranquilizar a un fillo bicándoo na cabeza ou un fillo á nai na meixela ó chegar. En definitiva, o beixo preséntase como xesto pertencente ó repertorio da comunicación entre primates, o can é un indicio da antigüidade que pode ter entre os seres humanos.

Outras culturas Tal como o coñecemos, o bico, que pode parecer unha práctica sumamente natural, e totalmente tributario dun contexto cultural moi concreto. É totalmente descoñecido nas culturas tradicionais de África, América, Oceanía e Australia, e tampouco é característico da China e o Xapón, aínda que tampouco totalmente alleo, especialmente da nai para os fillos. En moitos outros pobos, o beixo era un acto de natureza moi íntima, en ocasións máis que a cópula, polo que a súa manifestación pública era considerada tabú .

Nalgunhas culturas que non teñen como práctica habitual a de bicarse existen outro tipo de bicos que teñen a súa relevancia. Frecuentemente estas modalidades están relacionadas coa percepción de sinais olfactivas. A importancia do olfacto como vehículo transmisor de feromonas é coñecida. Sábese que os nenos son sensibles ó cheiro da nai e que saben recoñecela a través del. A captura do cheiro dun ser amado ten un poderoso efecto fetichista polo que ten de representación da persoa na súa ausencia. Os esquimós e outros pobos nórdicos practican un tipo de beixo consistente en fretar o nariz contra o doutra persoa. Formas análogas de bicarse existen en Siberia e Malaisia. Dende un punto de vista antropolóxico, este proceder é unha intromisión no espazo olfactivo do outro (a chamada proxemia olfactiva) que equivale a entrar na súa área de intimidade. Nesta mesma liña, en Australia hai pobos aborixes para os que o principal rito de benvida consiste en recoller a suor do corpo do anfitrión e aplicala sobre o do visitante, nun intento de transmitirlle a súa identidade olorosa.

Xa como práctica máis táctil que olfactiva, os tchouktches siberianos despídense dos seus seres queridos ou reencóntranse con eles pousando o nariz sobre a súa meixela para capturar o seu cheiro. Xa no Cáucaso, entre os adiguesios os estranxeiros pousaban os seus beizos ó chegar sobre o seo da muller do seu anfitrión, cerimonia pola cal pasaba a ser considerado fillo destes. Na Melanesia, entre as prácticas amatorias máis correntes están a de chucharse os ollos e ou beizos, morderse ata facerse sangue ou darse pequenas dentadas nas pestanas. Os ¡kung de Namibia teñen como práctica habitual o tocarse mutuamente os xenitais, pero o contacto entre estes e a boca é tabú. Consideran que os xenitais dunha muller poderían queimar a boca do home.

Modalidades Tradicionalmente en Ucraína, os cativos collían a man de seus pais e poñíana entre as súas antes de bicar o seu dorso. En Moldova os nenos levaban dous dedos á fronte en sinal de respecto tras beixar a man dunha persoa maior. Dúas persoas que, por algún motivo, non se podían bicar as mans para saudarse, depositaban un bico en dous dedos da súa man para logo levalos á fronte. En Rusia, os mozos acabados de casados bicaban as pechaduras da igrexa na que casaran, e o mesmo facía o marido, ou na súa ausencia o criado, ante un parto difícil, para atraer sobre el as dores que habería de padecer a muller. Voltaire relata o hábito de que os cativos bicasen a man dereita da persoa que lles regalaba unha lambetada.

Arredor da morte existen ocasións nas que o beixo proporciona ó moribundo o contacto coa divindade. Bicar a cruz antes de morrer equivale a unirse a Cristo e deixarse penetrar por el, do mesmo modo que bicar o pan que se come é unha expresión de veneración a Cristo. Os familiares e os amigos do defunto despídeno bicándoo, nun xesto que significa o adeus e o perdón.

O beixamán O hábito do beixamán podería remontarse á civilización sumeria, no IV milenio a.C. Facíase poñendo a man diante da boca ou ben erguendo a man coa palma volta contra a boca. Homero recolle este uso social na Odisea, onde conta como Príamo bicou a man de Aquiles pedíndolle que lle entregase o corpo de Heitor, ou como Eumeo bica a fronte, os ollos e as mans de Telémaco para darlle a benvida. Teofrasto relata que a xente derramaba aceite sobre pedras situadas nos cruces de camiños, se axeonllaba diante delas e lles mandaba un bico coa man. Máis adiante o beixamán foi sendo substituído por outros usos, tales como o de bicar os pés do soberano, ou a man as persoas de máis alto rango. Os prelados eran bicados no anel, ata que o Concilio Vaticano II reservou esa cerimonia ó papa de Roma. Entre as clases altas adóitase aínda bicar a man das mulleres.

Sobre isto último, o beixamán tiña unhas normas moi definidas. Estaba destinado ás mulleres respectables e nunca solteiras. Non debía facerse en lugares públicos e só se permitía cando era a muller a que ofrecía a man. Tampouco estaba ben visto facer esperar á dama, e sempre debía facerse sobre a súa man dereita, colléndoa coa man sen espida. Porén esta etiqueta tamén varía dun lugar a outro, pois en Hungría e Polonia o home ergue a man da muller, sen chegar a tocala cos beizos, mentres que nos países xermánicos este xesto se podía substituír pola expresión "Küss die Hand", que significa "bico a súa man".

A Encyclopédie define o beixamán como "un formulario mudo para asegurar reconciliacións, pedir grazas, agradecer as xa outorgadas e demostrar veneración ós superiores".

Brindar Na antigüidade homérica os participantes nun banquete facían circular as súas copas para que todos mollaran os seus beizos, nun ritual de reafirmación da intimidade amistosa. Os romanos servían viño na copa propia, bebían uns poucos grolos e despois pasábana ó homenaxeado para que este a baleirase. Voltaire conta que, cando un cabaleiro inglés quería homenaxear a unha dama, debía botar ó lume algunha xoia da súa propiedade, e logo os demais comensais imitalo.

Hábitos actuais O uso do beixo como saúdo entre persoas unidas por un vínculo afectivo varía moito dun lugar a outro. En Costa Rica adóitase dar un bico na meixela dereita, mentres que en España se dá un en cada unha, igual que na República Dominicana ou en Hungría. En Bélxica, Luxemburgo, os Países Baixos e Serbia danse tres bicos. Estes usos sociais están cambiando rapidamente co paso dunha xeración a outra.

O beixo na historia miniatura|dereita|200px|Beixo entre un erastos e o seu eromenos, cerámica ática, ca. 480 a.C. miniatura|dereita|Wolfgang Sauber, Maria Magdalena salbt Jesus, século XVII. miniatura|dereita|200px|Lucas Cranach o Vello, gravado de Passionary of the Christ and Antichrist, século XV-XVI. Roma