miniatura|Vista aérea de Snits, a capital municipal esquerda|miniatura|Rúa de Boalsert Súdwest Fryslân é un concello neerlandés da provincia de Frisia formado o 1 de xaneiro de 2011 ao se fusionaren os concellos de Boalsert, Nijefurd, Snits, Wûnseradiel e Wymbritseradiel. O novo concello ten 82.000 habitantes e ten 69 entidades de poboación. A decisión de formar un só concello tomouse a finais de 2009 cando se xuntaron nun concello especial os concelleiros de todos os cinco municipios que adoptaron a decisión por ampla maioría.

Política

Como en todos os concellos dos Países Baixos o goberno municipal deténtao o College van burgemeester en wethouders que está formado por concelleiros (wethouders) elixidos pola corporación municipal, o secretario do concello (gemeentesecretaris) elixido polo goberno municipal e o alcalde (burgemeester) nomeado polo goberno central e que preside o goberno municipal pero non dita a política municipal. Desde o 1 de xaneiro de 2010 o primeiro alcalde do concello é o exministro de agricultura Haijo Apotheker do partido Demócratas 66. A corporación municipal está composta por 37 concelleiros, celebrándose as eleccións en novembro de 2010 e deron a seguinte repartición de concelleiros: Chamada Demócrata Cristiá 10, Partido do Traballo 7, Partido Nacional Frisón 6, Partido Popular pola Liberdade e a Democracia 5, EsquerdaVerde 2, Unión Cristiá 2, GemeenteBelangen Súdwest Fryslân 2, Demócratas 66 1, Totaal Lokaal 1 e Verenigd Links - Feriene Lofts 1. Wethouders: A. Offinga (CDA) G. Akkerman-Wielinga (CDA) W. Sinnema (PVDA) A. Ekhart (PVDA) L.P. Stoel (VVD)

Lista das entidades de poboación Abbegea Aldegea Loaiïngea Offenwier Ysbrechtum

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial