miniatura|Fragmentación e destrución do hábitat dos grandes simios en África Central. Información de GLOBIO e o proxecto GRASP

A fragmentación do hábitat é un proceso de cambios ambientais importante para a evolución e bioloxía da conservación. Como o seu nome implica, describe a aparición de descontinuidades (fragmentación) no ambiente que habita un organismo (e que implica cambios no seu hábitat). A fragmentación de hábitat pode ser causada por procesos xeolóxicos que paseniñamente mudan a configuración do medio ambiente físico, ou por actividades humanas, por exemplo, a conversión de terras, o cal pode alterar o ambiente dunha forma moito máis rápida na escala de tempo. Considérase que os procesos xeolóxicos sexan unha das principais causas de especiación (fundamentalmente a especiación alopátrica), mentres que as actividades humanas estarían implicadas na extinción de moitas especies.

Un caso de fragmentación de hábitat é a causada polos humanos cando a vexetación nativa é removida para instalar produción agrícola, desenvolvemento rural ou plan urbano. O hábitat que algunha vez formaron unha unidade, fican separados en fragmentos illados. Despois dunha limpeza intensiva do terreo, os fragmentos de hábitat tenden a converterse en illas separadas por camiños, estradas, pastos ou terreos baldíos.

No termo fragmentación de hábitat pódense considerar seis procesos discretos:

Redución da área total do hábitat. Incremento da cantidade de delimitacións. Decrecemento da cantidade de hábitat interior. Illamento dun fragmento do hábitat doutras áreas do mesmo. Ruptura dun sector do hábitat en subsectores máis pequenos. Decrecemento do tamaño medio dos sectores dun hábitat. Véxase tamén Biodiversidade Destrución de hábitat Ecosistema Hábitat

Ligazóns externas En inglés GLOBIO, programa de localización xeográfica dos impactos de actividades humanas presentes, pasadas e futuras nos ambientes naturais e os seus fragmentación, especialmente nas zonas grandes silvestres. Monash Virtual Laboratory - Simulacións de fragmentación de hábitats e xenética de poboacións, de Monash University's Virtual Laboratory. Defragmentation in Belgium (Flanders) - Connecting nature, connecting people. Consultado: 23 de outubro de 2018

Categoría:Ecoloxía Categoría:Extincións masivas