Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo o 17 de novembro de 1919 e finado en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.
Traxectoria Fillo de militar, estudou o bacharelato nos Maristas de Lugo e aprobou as oposicións a Correos, coincidindo coa Guerra Civil española. Durante a contenda, é recrutado como carteiro polo bando nacional. Na posguerra licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela e foi destinado como mestre a Viveiro. Proseguiu a súa carreira profesional ao acceder temporalmente a unha praza de profesor adxunto na universidade compostelá. Nesa época é cando coñece a Ramón Otero Pedrayo e cando escribe a súa tese doutoral, que lla dirixe precisamente o catedrático ourensán.
Posteriormente sacou as oposicións para profesor universitario de Maxisterio e, aínda que o destinan ás illas Canarias, permutará a praza e quedará na Universidade de Santiago, centro de ensinanza ao que quedaría vinculado ata a súa xubilación. Vinculado ao galeguismo histórico a través de Pedrayo e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ingresou na Real Academia Galega en 1983 a proposta de Ramón Piñeiro, Manuel Chamoso Lamas e Antón Fraguas cun discurso sobre a interpretación da paisaxe compostelá.
Foi director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro do Consello da Cultura Galega e da Academia das Ciencias de Galicia.
Defensor do nacemento do río Miño no Pedregal de Irimia, marcou quizais o punto de inflexión cara a esta paternidade en detrimento de Fonmiñá.
Obra La revolución gallega de 1846 (1953) Bibliografía de geografía económica de Galicia (1960) La vivienda rural en el Miño Alto (1960) Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de E.G.B (1980) Didáctica da xeografía (1981) Cartografía Xurisdiccional de Galicia no século XVIII (1990) Os ríos galegos: Morfoloxía e réxime (1992) Estudios de xeografía de Galicia (1995) Galicia, esa descoñecida (1999, 2005)
Obras colectivas Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia (2009, Xeogal) 28 volumes. El Correo Gallego. Director da publicación.
Galardóns Premio Trasalba (1995) Medalla Castelao (1996) Pedrón de Ouro (2007) Premio das Letras e das Artes (2001) Premio Otero Pedrayo Premio Galicia de Investigación Notas
Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Xeógrafos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Lugo Categoría:Medallas Castelao Categoría:Premio Trasalba Categoría:Premio Otero Pedrayo Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes