O Club Voleibol Torrelavega é un equipo de voleibol da localidade de Torrelavega, Cantabria. Trátase dun dos equipos con maior tradición do voleibol feminino español. Actualmente compite na Superliga, a máxima categoría deste deporte no estado español, baixo a denominación de Cantabria Infinita. Ao longo da súa historia competiu con diversos patrocinadores que lle deron nome como Caja Cantabria. Froxa e Sniace.
Historia
O club fundouse contra o 1966 no instituto Marqués de Santillana e xogou na División de Honra durante 23 tempadas consecutivas, dende a tempada 1975-76 ata a 1998-99. Tralo descenso de categoría, a súa difícil situación económica obrigoulle a renunciar en varias ocasións aos ascensos conseguidos na competición, ata que na tempada 2010-11, o equipo volveu á Superliga.
O Club Voleibol Torrelavega conseguiu o título de Liga en 1979 e foi subcampión en 1977, 1978 e 1980. Foi campión da Copa da Raíña en 1979 e 1980.
Palmarés 1 Superliga: 1979 2 Copas da Raíña: 1979 e 1980 1 Superliga 2: 2010
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do Club Voleibol Torrelavega
Torrelavega Categoría:Torrelavega