Benigno Blanco Rodríguez, nado en Olloniego (Oviedo) en 1957, é un político vinculado ao Partido Popular e avogado asturiano.

Traxectoria De 1987 a 1990 traballou como letrado nos servizos xurídicos de Iberdrola, á vez que era asesor do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados. En 1990 pasou a dirixir os servizos xurídicos de Iberdrola, até que en maio de 1996, con José María Aznar no goberno do Estado, foi nomeado secretario de Estado de Augas e Costas do Ministerio de Medio Ambiente de España. En maio de 2000 foi designado secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, sendo Ministro de Fomento Francisco Álvarez Cascos.

É pai de tres fillos e en 2011 era o presidente do Foro Español da Familia, cuxos postulados ao respecto da definición da familia coinciden fundamentalmente cos da Igrexa católica.

En 2017 fundou o partido político Proxecto Avanza, que reúne os principais principios do humanismo cristián.Ex cargos del PP preparan un nuevo partido Vida persoal É membro do Opus Dei.

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Blanco en TVE

Referencias

Categoría:Políticos de Asturias Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1957 Categoría:Membros do Opus Dei