Kaiser Chiefs é unha banda inglesa de indie rock procedente de Leeds e formada orixinalmente en 1996 como Runston Parva, antes de reformarse como Parva en 2000. En 2003 publicaron un álbum de estudio, 22, antes de tomar o seu actual nome ese mesmo ano. Tomou o seu nome do club de fútbol surafricano Kaizer Chiefs. O seu álbum de estrea, Employment, foi editado no ano 2005. Inicialmente inspiráronse no New Wave e o punk rock de finais dos anos 70 e de principios dos 80, e conseguiron éxito internacional conseguindo vender ao redor dos 3 millóns de álbums. O seu segundo álbum, Yours Truly, Angry Mob, lanzado no 2007, contiña "Ruby", un sinxelo que foi número 1 no Reino Unido. Editaron o seu terceiro álbum, Off with Their Heads, no mes de outubro do ano 2008. Despois dun tempo separados, lanzaron The Future Is Medieval en xuño de 2011.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Employment 2005 B-Unique Yours Truly, Angry Mob 2007 B-Unique Off with Their Heads 2008 Universal, B-Unique The Future Is Medieval 2011 Universal, Fiction Education, Education, Education & War 2014 Fiction, B-Unique, ATO Stay Together 2016 Caroline Duck 2019 Polydor Kaiser Chiefs' Easy Eighth Album 2024 V2 Records
EPs Lap of Honour - 2005 (Universal, B-Unique)
Membros Membros actuais Ricky Wilson – Voz principal, percusión (2000–actualidade) Andrew "Whitey" White – Guitarra (2000–actualidade) Simon Rix – Baixo (2000–actualidade) Nick "Peanut" Baines – Teclados, percusión (en You Want History) (2000–actualidade) Vijay Mistry – batería e percusión (2013–actualidade) Membros anteriores Nick Hodgson – Batería, coros, voz principal (en Boxing Champ, Remember You're A Girl, Man On Mars e If You Will Have Me) (2000–2012)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de Leeds Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello