O zoroastrismo é unha relixión e unha filosofía baseada nas ensinanzas do profeta Zoroastro (tamén coñecido coma Zaratustra, na lingua avéstica) e antigamente atopábase entre as maiores relixións do mundo. Foi fundada probablemente pouco antes do século VI a.C. en Persia (Irán). O termo Zoroastrismo úsase coma sinónimo de Mazdeísmo (a adoración de Ahura Mazda, exaltado por Zoroastro coma a suprema divindade).

A estimación do número de zoroastrianos en todo o mundo varía desde 145.000 a 2,6 millóns de persoas.

O zoroastrismo substituíu o politeísmo indoeuropeo por un culto monoteísta, fundamentado na sabedoría moral: a entidade creadora suprema (Ahura Mazda ou Ormazd) procrea o espírito do ben ou principio da verdade (Spenta Mainyu) e o espírito do mal ou principio da mentira (Angra Mainyu ou Ahriman). Os dous teñen os seus correspondentes seguidores, a miúdo divindades anteriores lixeiramente transformadas. Loitan eternamente polo dominio do mundo e sobre todo para convencer o ser humano, o único con liberdade para elixir, para que siga un camiño ou o outro. Este combate acabarase a finais dos tempos co triunfo do ben e unha purificación xeral polo lume.

O zoroastrismo mantivo restos da antiga relixión iraniana, por exemplo o papel central do lume e a luz. Posteriormente, vaise converter nunha relixión ritualista, en que se engadiron elementos xudaicos e budistas, e a súa esencia monoteísta foise diluíndo até converterse nunha concepción case absolutamente dualista.

O Avesta é o conxunto de libros sacros desta relixión, aínda que só se conserva unha parte moi fragmentaria.

Terminoloxía O termo zoroastrismo é unha construción moderna que, segundo o dicionario Oxford, apareceu en primeiro lugar en 1874 na obra Principios de filoloxía comparada de Archibald Sayce, tal como consta no Oxford English Dictionary.Oxford English Dictionary En Occidente, a primeira referencia a Zoroastro que se conserva é atribuída a Thomas Browne (1605-1682), que brevemente se refire a el no seu libro de 1643 Religio Medici.Browne, T. (1643) "Religio Medici" Doutra banda, a imaxe de Zoroastro está presente no cadro A Escola de Atenas de Rafael para Giorgio Vasari en 1550, de forma que o coñecemento da súa filosofía filtrárase evidentemente no Renacemento italiano.

O termo mazdeismo é unha construción do século XIX, tomando Mazda- do nome Ahura Mazda e engadindo o sufixo -ismo para suxerir un sistema de crenzas. O nome zoroastrista para a relixión é mazdayasna, unha expresión avéstica que combina o último elemento do nome Ahura Mazda e a palabra yasna, que quere dicir 'devoción, crenza'.

Filosofía No zoroastrismo, o creador Ahura Mazda é todo bondade, e ningún mal provén del. Polo tanto, no zoroastrismo o ben e o mal proveñen de distintas fontes, co mal (druj) intentando destruír a creación de Mazda (asha), e o ben intentando mantela. Mazda non é inmanente ao mundo, e a súa creación represéntase polos Amesha Spentas e o fogar doutros Yazatas, mediante os cales os traballos de Deus son evidentes á humanidade, e a través dos cales a adoración de Mazda se dirixe en último termo. Os textos máis importantes da relixión son os Avesta, dos cales se perdeu unha porción significativa; case só sobreviviron as liturxias. As porcións perdidas coñécense só a través de referencias e breves citas en traballos posteriores, principalmente entre os séculos IX e XI.

Dalgún xeito, serviu como relixión nacional (antes do século III) ou relixión de Estado (entre os séculos III e VII) dunha parte significativa do pobo iranio. Comezou a decrecer logo da invasión do Imperio Aqueménida por Alexandre Magno, despois da cal se desintegrouHoschander, Jacob. "The Book of Esther in the Light of History: Chapter IV", The Jewish Quarterly Review, New Series, Vol. 10, No. 1 (Jul., 1919), pp. 87-88 e foi logo marxinada gradualmente polo islam a partir do século VII coa invasión musulmá de Persia e o declive do Imperio Sasánida.Hourani, p. 87. O poder político das dinastías iranias preislámicas legáronlle ao zoroastrismo un grande prestixio na antigüidade, e algunhas das súas doutrinas principais foron adoptadas por outros sistemas relixiosos. Non ten grandes divisións teolóxicas (o único cisma significativo baséase en diferenzas no calendario), pero non é uniforme. As influencias modernas tiveron un impacto importante nas crenzas individuais e locais, nas prácticas, nos valores e no vocabulario, complementando ás veces a tradición e enriquecéndoa, mais ás veces tamén desprazando a tradición por completo.

Características distintivas Crenzas básicas Así di o credo zoroastriano coñecido como Fravarane (Yasna 12. I, contido no Avesta)A partir da versión expañola de Carlos Cid e Manuel Riu, Historia de las religiones. Editorial Ramón Sopena, S.A. Barcelona. 1965. p. 265.:

O zoroastrismo baséase na existencia de Ahura Mazda, un deus universal e transcendente. Dise del que é o único creador non creado a quen toda adoración se dirixe en último termo. A creación de Ahura Mazda evidénciase como asha; a verdade e a orde son a antítese do caos, que é evidente como druj, falsidade e desorde. Os conflitos resultantes implican a todo o universo, incluíndo a humanidade, que ten un rol activo que xogar no conflito.

A relixión establece que a participación activa na vida a través de bos pensamentos, boas palabras e boas accións, é precisa para asegurarse a felicidade e manter o caos á parte. Esta participación activa é un elemento central no concepto de Zoroastro do libre albedrío e o zoroastrismo rexeita calquera forma de monacato. Ahura Mazda rematará por prevalecer sobre o mal, Angra Mainyu ou Ahriman, momento no cal o universo sufrirá unha renovación cósmica e o tempo rematará. Na renovación final, toda a creación (mesmo as almas dos mortos que foron inicialmente castigadas á "escuridade") reuniranse en Ahura Mazda, volvendo á vida na forma inmortal. Ao final dos tempos, unha figura salvadora (un Saoshyant) traerá a renovación final ao mundo (frasho.kereti), na cal os mortos revivirán.

Na tradición zoroastriana, o mal é representado por Angra Mainyu (tamén chamado "Ahriman"), o "Principio Destrutivo", mentres que o ben se representa mediante o Spenta Mainyu de Ahura Mazda, o instrumento ou "principio xeneroso" do acto da creación. É mediante Spenta Mainyu que o Ahura Mazda transcendental é inmanente á humanidade, e mediante o cal o Creador interactúa co mundo. De acordo coa cosmoloxía zoroastriana, na articulación da fórmula Ahuna Vairya, Ahura Mazda fixo o seu último triunfo evidente a Angra Mainyu. Coma expresións e aspectos da Creación, Ahura Mazda emanou os Amesha Spentas ("inmortais xenerosos"), sendo a hipóstase e a representación de cadanseu aspecto desa Creación. Estes Amesha Spenta son asistidos por un grupo de principios menores, os Yazatas, e cada un é "merecedor de adoración" e cada un de novo a hipóstase de cadanseu aspecto moral ou físico da creación.

Outras características No zoroastrismo, a auga (apo, aban) e o lume (atar, adar) son axentes do ritual de purificación, e as cerimonias de purificación asociadas a estes elementos son consideradas as bases dunha vida ritual.

Na cosmogonía de Zoroastro, a auga e o lume son, respectivamente, o segundo e último elementos primordiais que foron creados, e a escritura considera que o lume ten a súa orixe nas augas. Tanto a auga como o lume son considerados elementos sustentadores da vida, e a auga e o lume están representados dentro do recinto dun templo do lume. Os zoroastristas normalmente rezan en presenza dalgún tipo de lume (que pode considerarse evidente en calquera fonte de luz), e o rito culminante do principal acto de adoración constitúe un "fortalecemento das augas". O lume considérase un medio polo cal se gaña a visión espiritual e a sabedoría, e a auga é considerada como a fonte da sabedoría.

Mentres que os parsis na India tradicionalmente opuxéronse ao proselitismo, probablemente por razóns históricas, e mesmo o consideraron un delito polo cal o culpable podería enfrontarse á expulsión, os zoroastristas de Irán nunca se opuxeron á conversión, e a práctica foi aprobada polo Consello de Mobeds de Teherán. Mentres que as autoridades iranianas non permiten facer proselitismo dentro de Irán, os zoroastristas iranianos no exilio fomentaron activamente as actividades misioneiras, coa Asemblea Zaratustriana dos Ánxeles e o Centro Internacional de Zoroastro en París como centros destacados. Como noutras moitas relixións, aléntase ós zoroastristas a casar con outros da mesma fe, pero isto non é un requisito obrigatorio.

Na tradición zoroástrica, a vida é un estado temporal en que se espera que un mortal participe activamente na continua batalla entre a verdade e a falsidade. Antes de nacer, a urvan ('alma') dun individuo aínda está unida co seu fravashi ('espírito gardián'), e existiron dende que Mazda creou o universo. Durante a vida, o fravashi actúa como un gardián e protector. No cuarto día despois da morte, a alma reúnese co seu fravashi, en que se recollen as experiencias da vida no mundo material para a batalla continua no mundo espiritual. Na súa maior parte, o zoroastrismo non ten unha noción de reencarnación, polo menos non ata que chegue a renovación final do mundo. Os seguidores de Ilm-i-Kshnoom na India cren na reencarnación e na práctica do vexetarianismo, dous principios descoñecidos polo zoroastrismo ortodoxo.

Nas escrituras e a tradición zoroástrica, un cadáver é un hóspede pola putrefacción e a decadencia, por exemplo, de druj. Por tanto, a escritura ordena a eliminación segura dos mortos, de forma que un cadáver non contamine a boa creación. Estes preceptos son a base doutrinal da práctica tradicional da rápida desaparición da exposición ritual, identifícase máis comunmente coas chamadas torres do Silencio para as cales non hai termo técnico estándar, xa sexa nas escrituras ou na tradición. A exposición ritual só é practicada polas comunidades zoroastrianas do subcontinente indio, onde non é ilegal, pero que se buscan métodos alternativos de eliminación despois do envelenamento por diclofenaco que levou á virtual extinción das aves preeiras. Outras comunidades zoroastrianas ou ben queiman os seus mortos, ou ben os enterran en fosas que están cubertas con morteiro de cal.

Desenvolvemento histórico Orixes O zoroastrismo xurdiu dun sistema relixioso prehistórico común indoiraniano, que data de principios do segundo milenio aC.Foltz 2004, pp. 4-16 Segundo a tradición zoroástrica, Zoroastro foi un reformador que exaltou a deidade da sabedoría, Ahura Mazda, á condición de ser supremo e creador, mentres que degradou outras deidades e rexeitou certos rituais.

Antigüidade O rei Darío I (cara ao 500 aC) foi probablemente o primeiro en adoptar o ensino de Zoroastro como relixión oficial. Baixo os seus descendentes o zoroastrismo mesturouse coas antigas crenzas politeístas, como o reflicten os textos sacros incluídos naquela época denominados Yasht. Estes textos son loanzas dirixidas a deidades menores.

Durante o reinado de Artaxerxes II (sobre o 400 aC), construíronse os primeiros templos onde se veneraba a Ahura Mazda, Mitra e Anahita.

Baixo os imperios de orixe grego e parno (os seléucidas e os arsácidos), o zoroastrismo mantívose xunto a novos cultos estranxeiros. Durante este período, botáronse a perder unha boa parte dos textos que compuñan o Avesta, perdéndose para sempre.

Co Imperio sasánida (226-651), o zoroastrismo foi de novo a relixión oficial do estado. Durante esta época, codificouse o que restaba do Avesta e o ensino orixinal recibiu certos cambios fundamentais. O principal foi a transformación de Ahura Mazda, que pasou de ser un principio creador abstracto e universal á divindade benéfica contraposta a Ahriman, a forza maléfica.