dereita|miniatura|A mente observa e interpreta a realidade. A mente é a construción psicolóxica que aglutina os actos de percepción, cognición ou emoción, é dicir, o conxunto das funcións psíquicas, unha característica dos humanos, pero que tamén pode ser válida para outras formas de vidaDictionary.com, "mind": "1. (in a human or other conscious being) the element, part, substance, or process that reasons, thinks, feels, wills, perceives, judges, etc.: the processes of the human mind. 2. Psychology. the totality of conscious and unconscious mental processes and activities. 3. intellect or understanding, as distinguished from the faculties of feeling and willing; intelligence." e intelectuais.

É a que dá consistencia ás impresións e pensamentos do suxeito, o que lle permite ter consciencia e personalidade diferenciada dos demais. O termo tamén se emprega como un posible sinónimo do que consideramos intelixencia. Segundo o punto de vista adoptado, a mente pode ser un compoñente do cerebro ou unha entidade separada, pertencendo a outro plano explicativo. Existen tres vías principais de abordaxe: A unidade de todo o corpo (a mente non é máis que o cerebro), como pensan os seguidores do materialismo. Aqueles que defenden un dualismo estrito. Os partidarios do emerxentismo, que cren que a mente pode xurdir do físico e está ligada indisolublemente pero que o transcende.

A mente é o obxecto fundamental de estudo da psicoloxía, aínda que como concepto e parte distintiva do individuo, afecta a outras disciplinas como a filosofía (no século XX xurdiu unha póla específica, a filosofía da mente, que se define como a póla que estuda a natureza dos fenómenos e procesos mentais, e a relación que estes teñen cos diversos comportamentos que atopamos no ser humano, a través das conexións que se poden estabelecer co sistema nervioso central.). Para a relixión, é semellante á natureza da alma, é o que permite falar dun "eu" racional e único e asimílase ó principio vital. Antigamente recibía o nome de espírito. As teorías precientíficas baseadas na teoloxía concentrábanse na presunta relación entre a mente e a alma, a esencia sobrenatural, divina ou outorgada polos deuses ós homes.

Houbo moitas teorías sobre a mente e o seu funcionamento. As primeiras especulacións documentadas son de pensadores como Zoroastro, Buda, Platón, Aristóteles, Adi Shankara e outros antigos filósofos gregos, indios e, posteriormente, musulmáns. Malia que moitos destes filósofos a miúdo afirmaban a existencia dunha mente cósmica, común a todos os seres humanos ou a todo o universo, esta idea caeu en desuso ou foi adoptada para outros conceptos, así que modernamente entendemos a mente como algo sobre todo individual (aínda que influída polos outros).

Xeneralidades miniatura|Ilustración de René Descartes do dualismo mente-corpo. Descartes cría que as entradas son transmitidas polos órganos sensoriais á epifise do cerebro e de alí ao espírito inmaterial.Descartes, R. (1641) Meditations on First Philosophy, in The Philosophical Writings of René Descartes, trans. by J. Cottingham, R. Stoothoff and D. Murdoch, Cambridge: Cambridge University Press, 1984, vol. 2, pp. 1–62. En psicoloxía é común distinguir entre mente e cerebro, aínda que a mente emerxe do cerebro. Porén, está máis vinculada á disciplina chamada filosofía da mente. Algúns científicos e filósofos sostiveron que o cerebro é condición necesaria, pero non suficiente, para que a mente realice as súas funcións. Por exemplo, Eccles, neurólogo e premio Nobel de Medicina, ou Popper, filósofo da ciencia. Se ben con posturas diferentes, ningún dos dous identifica o pensamento coa actividade cerebral.

Desde unha posición materialista, a mente é materia que se analiza a si mesma (retroalimentación de sistemas materiais). É dicir, na súa evolución, a materia pasou de estados caóticos a estados organizados inorgánicos, logo a estados orgánicos, e finalmente consegue analizar estados actuais para lograr estados sucesivos. A materia organizaríase en sistemas autorregulados. Uns exemplos poderían ser o materialismo dialéctico ou tamén o materialismo redutor propio das ciencias denominadas duras, como a física e a química.

Hai que salientar que non é o mesmo referirse á mente como o comportamento da materia, ou referirse á mente como algo paralelo e distinto á materia, mais con existencia propia e estatuto ontolóxico. O exemplo máis coñecido é a dualidade establecida por René Descartes dunha mente distinta ao corpo pero unida a el: penso, logo existo. Estas diferenzas non son menores posto que abren discusións tales como: todos os animais teñen mente ou só os animais humanos a teñen?

Desde as neurociencias a mente pode considerarse unha experiencia subxectiva creada pola actividade cerebral coa finalidade de producir un punto de referencia para o movemento. Sendo así, a mente pode considerarse unha función máis do cerebro encargada de organizar a conduta cara obxectivos determinados e que produce unha experiencia subxectiva coñecida como "eu" arredor da cal se organiza o movemento (conduta). A función mental sería unha propiedade emerxente do cerebro como a función dixestiva o é do aparato dixestivo.

Para Howard Gardner a mente consiste nun conxunto de mecanismos de computación específicos e independentes. A intelixencia emerxe da supraestrutura conformada polas estruturas mentais. As estruturas mentais serían accións cumpridas, ou en potencia exteriorizadas en movemento, ou interiorizadas en pensamento. Para Piaget a estrutura elemental do coñecemento é o esquema. Diferenciaba as operacións concretas das formais, o que permitiría diferenciar tres compoñentes da mente: A mente concreta, que realiza os procesos básicos do pensamento, base da análise-síntese: observación, comparación, relación, clasificación. A mente práctica, a cal realiza procesos directivos e executivos de pensamento, relaciona as causas cos efectos, e os medios cos fins. É a base da intelixencia e os metacompoñentes da mesma, tal e como os denomina Robert Sternberg na súa teoría triárquica da intelixencia. A mente abstracta, que realiza procesos de reflexión consciente, accede ás súas propias representacións e modifícaas. A razón é a facultade superior de coñecemento, xa que fai abstracción de todo o seu contido. Así o propuña Kant na súa Kritik der reinen Vernunft (Crítica da razón pura).

Relación de mente e corpo

A relación entre mente e corpo é problemática, xa que ao ser a mente un obxecto psicolóxico non é obvio como se relaciona coa parte física da persoa, ben co seu cerebro ou co resto da anatomía humana. Esta relación é o problema central da filosofía da mente.

A posición que defende que mente e corpo son entidades separadas, pertencentes a unha orde diferente da realidade, recibe o nome de dualismo. O dualismo nace coas reflexións dos filósofos hindús, que separaban o mundo nun plan psíquico ou espiritual (purusha) e outro físico e empírico (praktri).Sri Swami Sivananda. Sankhya:Hindu philosophy No ámbito occidental nace coa distinción de Platón do mundo das ideas, intelixible e eterno e o mundo sensible ou do corpo.

A maioría de dualistas contemporáneos defenden unha interacción entre os dous ámbitos, por exemplo o efecto placebo proba como a mente pode condicionar o corpo e facelo experimentar sensacións. Igualmente, o dor é un estado mental provocado por un sufrimento do corpo, transmitido ao cerebro mediante os nervios. O mesmo concepto de saúde mental reforza este vínculo: a mente debe estar sa como o corpo, xa que hai enfermidades e trastornos mentais que se traducen en falta de saúde física, con síntomas empíricos.

Por contra os monistas negan que existan dous ámbitos do real que no ser humano equivallan a corpo e alma. Os materialistas cren que todo se reduce a conexións neuronais do cerebro, un órgano do mesmo xeito que os demais, e que non existe máis realidade que a física.Kim, J., "Mind-Body Problem", Oxford Companion to Philosophy. Ted Honderich (ed.). Oxford:Oxford University Press. 1995. Cos avances da neuroloxía poderanse explicar conceptos abstractos que tenderon a atribuír a unha esfera non material.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Xeral

Ciencia Eric Kandel: Psychiatrie, Psychoanalyse und die neue Biologie des Geistes, Suhrkamp, Frankfurt del Main, 2006 Hartmann Hinterhuber: Die Seele. Natur- und Kulturgeschichte von Psyche, Geist und Bewusstsein, Springer, Viena, 2001 Jean E. Charon: Der Geist der Materie, Ullstein Sachbuch, 1982,

Filosofía Uwe Meixner (Hg.): Zur Geschichte der Philosophie des Geistes, De Gruyter, Berlín, . Rudolf Hildebrand: Geist, Niemeyer, Halle, 1926 John Searle: Geist. Eine Einführung, Suhrkamp, Frankfurt del Main, 2006, . Ansgar Beckermann: Analytische Einführung in die Philosophie des Geistes., De Gruyter, Berlín i altres., 2001, . Outros artigos Alma Cerebro Conciencia Inconsciente Psicoloxía Psiquiatría

Ligazóns externas C. D. Broad, The Mind and Its Place in Nature, 1925.

Categoría:Psicoloxía Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Filosofía e psicoloxía) Categoría:Teorías metafísicas Categoría:Filosofía da mente