Julián Cuenca Sánchez, nado en Madrid o 14 de novembro de 1923 e finado o 3 de febreiro de 1969, foi un futbolista español.Ficha en bdfutbol.com Xogaba de centrocampista.
Traxectoria Desenvolveu toda a súa carreira entre o Atlético de Madrid e o Deportivo da Coruña, destacando especialmente neste último, co que xogou 154 partidos entre 1950 e 1957.
O 29 de maio de 1955 recibiu unha homenaxe no estadio de Riazor cun partido amigábel entre o Deportivo e o Vasco da Gama brasileiro. O xogador do Real Madrid Alfredo Di Stéfano, así como os célticos Pablo Olmedo e Carlos Torres participaron naquela homenaxe xogando coa camisola do Deportivo da Coruña.
Faleceu a consecuencia dun cancro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña