Symphony X é unha banda musical estadounidense de Progressive metal orixinaria de Middletown, Nova Jersey.

Fundada en 1994 polo guitarrista Michael Romeo, os seus álbums The Divine Wings of Tragedy e V: The New Mythology Suite permitíronlles atopar o seu espazo dentro da comunidade do Progressive metal.

Son Symphony X é con frecuencia comparada a outras bandas de progressive metal tales coma Dream Theater, Fates Warning e Shadow Gallery. A súa música inclúe ritmos complexos e compases pouco frecuentes combinados con elementos de symphonic metal e dun heavy metal máis tradicional. Tamén contén fortes trazos neoclásicos probablemente inspirados pola música do famoso guitarrista Yngwie Malmsteen e outros artistas coma Cacophony, Randy Rhoads do xénero.

Membros actuais Russell Allen - Voz. Michael Romeo - Guitarra. Michael Pinnella - Tecrados. Jason Rullo - Batería. Michael Lepond - Baixo.

Antigos membros Rod Tyler - Voz. Thomas Miller - Baixo. Tom Walling - Batería. (Só no álbum Twilight in Olympus)

Discografía (1994) Dance Macabre - (Demo) (1994) Symphony X (1995) The Damnation Game (1997) The Divine Wings of Tragedy (1998) Twilight in Olympus (1998) Prelude to the Millennium - (Recompilatorio) (2000) V: The New Mythology Suite (2001) Live on the Edge of Forever - (2CDs, en vivo) (2002) The Odyssey (2005) Rarities and Demos - (Church Of The Machine Fan Club CD 1) (2007) Paradise Lost (2011) Iconoclast (2015) Underworld

Proxectos solistas (1994) The Dark Chapter (Instrumental) - Michael Romeo (2004) Enter By The Twelfth Gate (Instrumental) - Michael Pinnella (2005) Atomic Soul - Russell Allen (2005) The Battle - Russell Allen (Co cantante Jorn Lande) (2007) The Revenge - Russell Allen (Co cantante Jorn Lande)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial (USA)) Páxina Oficial (Francia)

Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais formados en 1994