dereita|miniatura|200px|Capela do Santo. O Santo é un lugar da parroquia de Nantes do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo datos do IGE, tiña 52 habitantes no ano 2025, dos que 28 eran mulleres e 24 homes, o que representa un mínimo descenso respecto ó ano 2016, cando tiña 53 veciños, pero máis marcado respecto a 2009, cando eran 64.
Patrimonio Existe unha pequena capela construída en 1591, dedicada ó frade franciscano Xoán de Navarrete, a quen disque fai alusión o topónimo, e que segundo a lenda faleceu aquí tras caer dun asno cando volvía ao convento de San Francisco de Pontevedra (onde está soterrado) despois de dar misa en Adina. Na fachada loce un escudo coa imaxe de dous bois, que lembra a xugada que doou o abade para traer a pedra necesaria para a construción da capelaGran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo, t. 40, px. 163..
Lugares e parroquias Lugares de Nantes
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sanxenxo
Santo