El Miño foi un xornal publicado en Ourense entre 1898 e 1913.
Historia e características Subtitulado Diario liberal. Defensor de los intereses locales y regionales, apareceu o 20 de outubro de 1898. O diario foi fundado polo deputado liberal Vicente Pérez logo da súa ruptura con Valentín Lamas Carvajal pola orientación conservadora que imprimía como director a El Eco de Orense. Os seus directores foron Vicente Romero Rodríguez, Francisco Álvarez de Nóvoa e Eugenio López Aydillo (en xaneiro de 1910, que dimitiu en maio de 1913).El Noroeste, 28-1-1910, p. 1. Caracterizouse pola defensa dos intereses galegos e por servir de escola xornalística a moitos coñecidos galeguistas. Cambiou o seu subtítulo por Diario de mayor circulación de la provincia en 1911 e Diario de la mañana en 1912. miniatura|Redacción de El Miño en 1909. Fotografía en Vida Gallega. No diario escribiu Vicente Risco cos pseudónimos de "Rujú Sahib" e "Polichinela" artigos de filosofía e actualidade entre 1910 e 1913, ademais traduciu ao castelán poetas franceses e fragmentos do Mahabharata. Tamén Francisco Álvarez de Nóvoa tiña unha combativa sección titulada "Agujetas".
En 1913 Vicente Pérez enfrontouse con Eugenio Montero Ríos e Manuel García Prieto e fixo campaña contra elas no xornal."Cosas de "El Miño", El Progreso, 21-6-1913, p. 1. Cesou a súa publicación a finais de novembro de 1913.El Diario de Pontevedra, 1-12-1913, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1898 en Galicia Categoría:Historia contemporánea de Galicia