Obediencia é unha novela en lingua galega escrita polo escritor monfortino Antón Lopo e publicada pola Editorial Galaxia na segunda metade de 2010, logo de acadar o Premio García Barros de narrativa.

Características Trátase dunha obra de ciencia ficción ambientada no século XXII, nunha república galega na que o goberno perdeu o control de todo o territorio agás Compostela. A cidade é o centro dunha economía puxante que se contrapón á Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático, habitado por mutantes e desvalidos, baixo unha condicións ambientais lamentábeis. Até aló, onde opera o grupo resistente Alogon, chegará Elba Mácara, a protagonista da novela.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da novela, na web da editorial.

Categoría:Obras literarias de 2010 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Obras gañadoras do Premio García Barros