Le Monde (pronunciación en francés: /lə mɔ̃də/; en galego: O Mundo) é un xornal vespertino francés fundado por Hubert Beuve-Méry e publicado de maneira continua en París dende a súa primeira edición o 19 de xaneiro de 1944. É a principal publicación do Groupe Le Monde.
O xornal Le Monde non debe confundirse coa publicación Le Monde diplomatique, da cal o grupo Le Monde posúe un 51%, pero que é editorialmente independente.
Historia e características Este xornal é considerado un periódico de referencia pola súa alta calidade de contidos. É o diario francés con maior presenza no estranxeiro, cunha media de 40 000 exemplares vendidos fóra de Francia cada día.
O seu director é Éric Fottorino e a súa redactora xefe, Sylvie Kauffmann.Sylvie Kauffmann nommée directrice de la rédaction du Monde Diario Libération, 19 de xaneiro de 2010. Trátase da principal publicación do Grupo Le Monde.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Le Monde Sitio oficial
Categoría:Xornais de Francia