María Rosendo Priego, nada en Vigo o 16 de febreiro de 1984, é unha poeta galega.

Traxectoria Realizou estudos de filoloxía inglesa e educación social. En 2007 viaxou a Buenos Aires para vivir no hemisferio austral durante un ano. Participou en recitais poéticos coas Redes Escarlata e na II Rebelión da décima musa. Vive en Compostela onde traballa en produción teatral coa compañía Berrobambán.

Obra Poesía Nómade, 2011, Espiral Maior. Diáspora do amor balea, 2018, Editorial Caldeirón (en colaboración con Andrea Nunes Brións).

Traducións Comics desde Hicksville, de Dylan Horrocks, 2014, Estaleiro.

Obras colectivas XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.

Premios Gañadora do XXIII Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé no 2010, por Nómade. Gañadora con Andrea Nunes Brións do premio de Poesía Erótica Illas Sisargas non 2017, por Diáspora do amor balea.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do Premio de poesía Pérez Parallé Galicia Hoxe

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de literatura erótica Categoría:Poetas en lingua galega