O congo (kikongo ou kongo) é a lingua bantú falada polo pobo congo, os habitantes dos bosques tropicais da República Democrática do Congo, da República do Congo e de Angola.
Historia e características Foi utilizada como lingua franca nos séculos XVIII e XIX en boa parte de África occidental, especificamente onde os europeos tomaban escravos para levalos para América.
Por esta razón, a lingua congo sobrevive aínda, nun grao limitado, no Caribe, mais a maioría dos seus falantes viven en África.
Hai sete millóns de falantes nativos de congo, e dous millóns úsana como segunda lingua. É base tamén de varios dialectos para usos comerciais e de intercambio interetnico.
Desde 2006 ten o status oficial e legal de lingua nacional na República Democrática do Congo, de acordo a constitución de dito país, xunto ao francés, o lingala, o suahili e o tshiluba.
Un dos seus principais dialectos, o kituba, está recoñecido como lingua rexional na República do Congo.
Dialectos As principais formas dialectais do congo son: kimañanga, kintandu, kiyaka, kizombo, kiyombe, kisuku, kilaadi, kibuembe, kifioti e kinzamba.
Descrición lingüística Morfoloxía miniatura|dereita|O "Ave María" en congo. Comparado con outras linguas bantús, incluíndo os demais dialectos do congo, o Kikongo ya Leta ten unhas regras morfolóxicas moi simples, sen prefixos nominais nin verbais, nin existe a concordancia entre os substantivos e as palabras que dependen destes (pronomes, adxectivos ou verbos).África, Ikuska Libros, S.L.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en congo Bibliografía (1957) par Léon DEREAU, d'après le dictionnaire de K. E. LAMAN. Maison d'éditions AD. WESMAEL-CHARLIER, Namur. 60 pages. Carter, Hazel e João Makoondekwa. , c1987. Kongo language course : a course in the dialect of Zoombo, northern Angola = Maloòngi makíkoongo. Madison, WI : African Studies Program, University of Wisconsin—Madison. Grammaire du Kiyombe par R. P. L. DE CLERCQ. Edition Goemaere - Bruxelles - Kinshasa. 47 pages Nkutama a Mvila za Makanda, Imprimerie Mission Catholique Tumba, (1934) par J. CUVELIER, Vic. Apostlique de Matadi. 56 pages (L'auteur est en réalité Mwene Petelo BOKA, Catechiste redemptoriste à Vungu, originaire de Kionzo.)
Categoría:Linguas bantús Categoría:República Democrática do Congo Categoría:República do Congo Categoría:Linguas de Angola