Rafael García Guerrero, nado en Noia o 20 de decembro de 1973, é un expolítico galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciado en Física e con estudos de doutoramento. Militante das XSG, presentouse ás eleccións municipais de 1999 no concello de Noia encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE, tras derrotar nas primarias a Xosé Moas Pazos, logrando unha substancial mellora de apoios que lle supuxo poder acceder á alcaldía co apoio do BNG e truncar a continuidade no poder do PPdeG na vila. Se ben nun principio se negociou un goberno de coalición cos nacionalistas, finalmente este non se alcanzou e gobernou en minoría. En 2003 volveu encabezala lista socialista e pese a mellorar resultados non conseguiu de novo a alcaldía debido á caída do BNG que favoreceu a maioría absoluta do PPdeG.
En 2007 recuperou a alcaldía grazas ó apoio do BNG tras perder os populares a maioría absoluta, gobernando en coalición cos nacionalistas. En marzo de 2009 rómpese o pacto e continuou gobernando en minoría o resto do mandato. En 2011 foi reelixido alcalde grazas a un pacto co BNG e a formación independente Noieses Independientes Agrupados (NO.I.A)."Reelegido alcalde de Noia (A Coruña) el socialista Rafael García Guerrero con el respaldo del BNG e independientes". No 2015 non se presentou á reelección e abandonou a primeira liña política.
Tralo seu abandono da política rexenta un ultramarinos na vila noiesa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Noia
Ligazóns externas Blog de Rafael García Guerrero
Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1973