A Marca hispánica era o territorio comprendido entre a fronteira político-militar do Imperio carolinxio con Al-Andalus e os Pireneos, desde finais do século VIII ata a súa independencia efectiva en diversos reinos e condados. A diferenza doutras marcas carolinxias, a Marca hispánica non tiña unha estrutura administrativa unificada propia.
Historia Tras a conquista musulmá da Península Ibérica, os carolinxios interviñeron no nordés peninsular a fins do século VIII, co apoio da poboación autóctona das montañas. A dominación franca fíxose efectiva entón máis ao sur tras a conquista de Xirona (785) e Barcelona (801). A chamada «Marca Hispánica» quedou integrada por condados dependentes dos monarcas carolinxios a principios do século IX. Para gobernar estes territorios, os reis francos designaron condes, uns de orixe franca e outros autóctonos, segundo criterios de eficacia militar na defensa das fronteiras e de lealdade e fidelidade á coroa.
O territorio gañado aos musulmáns configurouse como a Marca Hispánica, en contraposición á Marca Superior andalusí, e ía de Pamplona ata Barcelona. De todos eles, os que alcanzaron maior protagonismo foron os de Pamplona, constituído no primeiro cuarto do século IX en reino; Aragón, constituído en condado independente en 809; Urgell, importante sede episcopal e condado con dinastía propia desde 815; e o condado de Barcelona, que co tempo converteuse en hexemónico sobre os seus veciños, os de Osona e Xirona.
Mapas Nas imaxes, mapa físico-político do territorio entre o golfo de Biscaia e o mar Mediterráneo, e mapa político interpretando a Península Ibérica dos séculos IX e XI. Para a terminoloxía "Asturias" e "León" nos mapas, véxase tamén "Historiografía do Reino de Galicia".
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Carlomagno Cataluña Cataluña Norte Condado de Barcelona Dinastía Carolinxia Reino dos Francos Historia de Aragón Historia de Cataluña Historia de Navarra Historia do País Vasco Narbonense Reconquista Reino Visigodo Rosellón Sarracenos Septimania Tratado de Verdún
Categoría:Historia medieval de España Categoría:Al-Andalus Categoría:Historia medieval de Francia Categoría:Historia de Cataluña Categoría:Historia de Aragón Categoría:Historia de Navarra Categoría:Historia do País Vasco Categoría:Historia de España do século IX Categoría:Historia de España do século VIII