I Now Pronounce You Chuck and Larry é un filme estadounidense do xénero comedia, protagonizado por Adam Sandler. O filme fai unha crítica sutil á actual situación dos homosexuais nos Estados Unidos, aínda que con moitos tópicos. A Conferencia Católica de Bispos dos Estados Unidos categorizouno de "Moralmente Ofensivo"."

Sinopse Chuck Levine (Adam Sandler) e Larry Valentine (Kevin James) son dous membros do Corpo de Bombeiros do Brooklyn, sendo tamén bos amigos. Chuck promételle calquera cousa a Larry por terlle salvado a vida un día no traballo, e Larry, viúvo, preocupado polos problemas legais de non dar feito que os seus fillos aparezan como beneficiarios do seu seguro de vida, decide pedirlle matrimonio a Chuck. Este, a pesar de ser moi mullereiro, acepta, mais despois, tense que ir vivir con Larry e aparentar que son homosexuais pois a súa unión está sendo investigada e poden acabar na cadea.

Elenco Adam Sandler .... Charles "Chuck" Levine Kevin James .... Lawrence "Larry" Valentine Jessica Biel .... Alex McDonough Dan Aykroyd .... Capitán Phineas J. Tucker Ving Rhames .... Fred G. Duncan Steve Buscemi .... Clinton Fitzer Nicholas Turturro .... Renaldo Pinera Allen Covert .... Steve Nick Swardson .... Kevin McDonough Mary Pat Gleason .... Teresa Matt Winston .... Glen Aldrich Gary Valentine .... Karl Eisendorf Jonathan Loughran .... David Nootzie Richard Kline .... Sr. Auerbach Peter Dante .... Tony Paroni Cole Morgen .... Eric Valentine Shelby Adamowsky .... Tori Valentine Brad Grunberg .... Bernie Chandra West .... Dra. Honey Rob Schneider .... Pastor xaponés Rachel Dratch .... supervisora de beneficios Lance Bass .... el mesmo David Spade .... danzante transexual Tila Tequila .... empregada do restaurante Hooters Dave Matthews .... vendedor de roupa homosexual

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Chuck and Larry no All Movie Guide

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes ambientados en 2006 Categoría:Filmes ambientados en Nova York