Goiás é un estado brasileiro situado case ó centro do país, na rexión Centro-Oeste. Ten como límites o estado de Tocantins ó norte, Baía e Minas Xerais ó leste, Minas Xerais ó sueste e sur, o Mato Groso do Sur ó suroeste, e Mato Groso ó oeste. O Distrito Federal está encravado ó leste do estado.

A súa capital é Goiânia, inaugurada ó 1935 e que ten hoxe máis de 1,2 millón de habitantes. Outras cidades importantes son: Aparecida de Goiânia (453 mil habitantes), Anápolis, Itumbiara, Río Verde, Luziânia e Catalão.

Relevo O relevo de Goiás e case todo de terras planas ó oeste e áreas máis montañosas ó leste, cuxas altitudes sitúanse entre os 200 e os 800 metros. Os ríos Paranaíba, Aporé, Araguaia, São Marcos, Corumbá, Aporé, Paranã e Maranhão son os principais do estado.

Clima O clima predominante no estado é o tropical co dúas estacións: unha mais chuviosa entre outubro e marzo, e outra máis seca entre abril e setembro. Nos meses máis secos, a humidade relativa do ar pode caer abaixo dos 20% tornándose desagradábel para as poboacións.

Demografía

Economía A economía baséase no comercio, na industria (mineira, alimenticia, roupas, móbiles, metalurxia, madeireira), na gandería (principalmente bois e búfalos) e na agricultura (soia, arroz, algodón, cana de azucre).

Principais concellos (habitantes en xullo de 2006) Goiânia – 1 220 412 Aparecida de Goiânia – 453.104 Anápolis – 318.818 Luziânia – 187.262 Águas Lindas de Goiás – 168.919 Rio Verde – 136.229 Valparaiso de Goiás – 123.921 Trindade – 102.430 Planaltina - 98.441 Novo Gama – 96.442 Formosa – 92.331 Itumbiara - 84.496 Jataí – 84.922 Santo Antônio do Descoberto – 78.995 Senador Canedo – 74.687 Catalão – 71.680 Caldas Novas – 68.508 Goianésia – 53.317

Véxase tamén

Outros artigos Brasil Estados do Brasil

Ligazóns externas Sitio web oficial Xornal O Popular

Categoría:Estado de Goiás