Un organigrama é a representación gráfica da estrutura dunha empresa ou organización ou a representación esquemática da organización ou das operacións sucesivas dunha tarefa ou dun proceso industrial ou informático.

Organigrama informático miniatura|Exemplo de fluxograma ou organigrama lóxico. En termos de programación informática, un organigrama ou organigrama lóxico é unha estrutura gráfica que define a sucesión de eventos, opcións e accións polas que pasará o código para chegar a unha ou outra opción que o usuario da aplicación quere que se execute.

Terminoloxía A orixe do termo, tanto para a acepción empresarial como para a informática, é organigramme, do francés organiser 'organizar' e -gramme -grama', á súa vez do grego γράμμα (escrito, letra).

A mesma acepción é recollida en portugués, onde tamén existen as variantes ordinogama e organograma e fluxograma, e en castelán.

No eido informático tamén se emprega o termo diagrama de fluxo'''.

Organigrama de organización ou de empresa

Representa as estruturas departamentais e, nalgúns casos, as persoas que as dirixen, compoñendo un esquema sobre as relacións xerárquicas e competenciais na organización.

O organigrama é un modelo abstracto e sistemático, coa función de ser unha idea uniforme da estrutura formal dunha organización. Debe conter os elementos indispensábeis e ser sinxelo de utilizar. Clases de organigramas de empresa miniatura|Organigrama do Consello de Consumo de Hong Kong.

Pola finalidade Informativos: só amosa os grandes departamentos da empresa. De análise: reflicte grandes e pequenos departamentos.

Pola extensión Xerais: representan todos os departamentos da empresa. De detalle: representan só un departamento en concreto.

Polo contido Estrutural: toda a estrutura da empresa. Funcional: o contido do departamento. De persoal: representan as persoas que dirixen.

Pola forma Vertical: mostra as xerarquías seguindo unha pirámide, de arriba cara a abaixo. Horizontal: mostra as xerarquías de esquerda a dereita. Mixto: é unha combinación entre os dous anteriores. Circular: a autoridade máxima está no centro, formándose arredor círculos concéntricos onde se poñen os xefes inmediatos. Escalar: empréganse sangrías para sinalar a autoridade, canto maior é a sangría, menor é a autoridade dese cargo. Tabular: é igual que o escalar, só que mentres que o escalar leva liñas que unen os mandos de autoridade, o tabular non.

Notas

Véxase tamén

Algoritmo Diagrama de fluxo Empresa Esquema (homónimos) Esquemas comunicativos Organización Visualización de datos

Ligazóns externas

Definición de organigrama empresarial, de varios autores Plantillas para organigramas lóxicos (en castelán) Informacións sobre fluxogramas(en portugués)''

Categoría:Administración