Johannes Bogerman, nado en Upleward en 1576 e finado en Frjentsjer o 11 de setembro de 1637, foi un teólogo calvinista frisón.
Traxectoria Fillo dun predicador, Bogerman, naceu nunha aldea de Frisia Oriental, agora parte de Alemaña. A partir de 1591 estudou en Frjentsjer, Heidelberg, Xenebra, Zürich, Lausana, Oxford e Cambridge, e logo a partir de 1599 foi pastor en Snits, en 1603 predicou en Enkhuizen e desde 1604 en Ljouwert. En 1636 converteuse en profesor de teoloxía en Frjentsjer. Bogerman foi un dos tradutores da Biblia ao neerlandés, o Statenvertaling, e foi presidente do Sínodo de Dort.
Categoría:Teólogos de Alemaña Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Calvinismo Categoría:Nados en Frisia Categoría:Nados en 1576 Categoría:Finados en 1637