Radio Nacional de España (RNE) é a empresa pública encargada da xestión directa do servizo público de radiodifusión en España e forma parte de RTVE. Contén seis emisoras de radio que abarcan todo o territorio español excepto unha que só é sintonizable en Cataluña (Ràdio 4) e outra que, ademais de estar dispoñible en España, tamén o está no resto do mundo a través de satélites (Radio Exterior de España).
Historia e características As orixes de Radio Nacional de España están na súa fundación por José Millán-Astray en Salamanca o 19 de xaneiro de 1937 en plena guerra civil española, baixo o nome de "nacional" ao ser este o nome do bando franquista. Nas súas orixes dependía da Delegación de Estado para Prensa e Propaganda.
Comezou as emisións cun equipamento de 20 kW da marca Telefunken, cedido pola Alemaña nazi. As primeiras emisións eran noticiarios, novas e partes de guerra previamente redactados e censurados. Acadou gran sona durante a guerra civil por ser órgano oficioso do réxime e polo uso que da radio facían persoeiros como Queipo de Llano.
Durante a ditadura franquista, RNE era o medio de comunicación do réxime mantendo unha estrutura centralizada e sempre ao servizo do goberno.
Desde 1973 está integrada no ente público Radiotelevisión Española (RTVE). Desde 2007 pertence á Corporación RTVE, regulada na Lei 17/2006, de 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal.
Na actualidade, Radio Nacional de España está integrada por seis cadeas de radio: Radio Nacional (xeneralista). Radio Clásica (música clásica e popular). Radio 3 (cultura e música alternativa). Ràdio 4 (xeneralista en catalán). Radio 5Todo Noticias (radiofórmula informativa). Radio Exterior de España (servizo público exterior). miniatura|Radio Nacional de España (rúa García Barbón, Vigo).|centro Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de RNE Escoitar RNE