O derradeiro dos mohicanos (en ) é un filme estadounidense de aventuras dirixido por Michael Mann que se estreou en 1992. Baséase na novela O derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper, ambientada en 1757, durante a guerra franco-india. Está protagonizado por Daniel Day-Lewis, Madeleine Stowe e Jodhi May, xunto con Russell Means, Wes Studi, Eric Schweig e Steven Waddington nos papeis secundarios.

A banda sonora é obra de Trevor Jones e Randy Edelman, e a canción "I Will Find You" é do grupo musical Clannad. O tema principal do filme é "The Gael" do cantante escocés Dougie MacLean. Estreado o 25 de setembro de 1992 nos Estados Unidos, The Last of the Mohicans recibiu aclamacións da crítica e tivo un grande éxito na recadación.

Estreouse en galego,o 16 de novembro de 2022 a través da TVG, traducida por Manuel Arca e dobrada en Studio XXI da Coruña.

Sinopse 1757, proximidades do río Hudson. Hai tres anos que franceses e ingleses loitan en terras norteamericanas. Mandos británicos recrutan a xentes do lugar, nativos e granxeiros asentados nesas terras, para formar unha milicia capaz de enfrontarse ao exército franco-indio que se acerca polo sur. Hawkeye é un branco adoptado polos indios mohicanos que vive co seu pai e o seu irmán Uncas. Tras rescatar dunha emboscada dos huróns a Cora Munro e a súa irmá máis nova Alice, fillas dun oficial británico, os tres deciden acompañalas ao forte inglés William Henry, que está sendo asediado por franceses e huróns.

Personaxes

Daniel Day-Lewis como Hawkeye/Nathaniel Poe Madeleine Stowe como Cora Munro Russell Means como Chingachgook Eric Schweig como Uncas Jodhi May como Alice Munro Steven Waddington como Duncan Heyward Wes Studi como Magua Maurice Roëves como Coronel Edmund Munro Patrice Chéreau como Xeneral Louis-Joseph de Montcalm Edward Blatchford como Jack Winthrop Tracey Ellis como Alexandra Cameron Terry Kinney como John Cameron Sebastian Roché como Martin Justin M. Rice como James Cameron Dennis Banks como Ongewasgone Pete Postlethwaite como Capitán Beams Colm Meaney como Maior Ambrose Mac Andrews como Xeneral Daniel Webb Benton Jennings como Oficial escocés Jared Harris como Tenente inglés

Galardóns e nomeamentos 1992: Oscar: Mellor son. 1992: Nomeada ao Globo de Ouro: Mellor banda sonora orixinal. 1992: 2 premios BAFTA: Mellor maquillaxe, fotografía. 7 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Kristopher Tapley: Michael Mann looks back on 'The Last of the Mohicans' 20 years later en uproxx.com

Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua mohawk Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Mann Categoría:Filmes con banda sonora de Trevor Jones Categoría:Filmes con banda sonora de Randy Edelman Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes baseados en obras de James Fenimore Cooper Categoría:Filmes de 1992 con versión en galego