Dudley R. Herschbach, nado o 18 de xuño de 1932 en San José, California (EUA), é un matemático, químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

Traxectoria Estudou na Universidade de Stanford, onde se graduou en 1954 e 1955 respectivamente en matemáticas e química. Posteriormente doutorouse en química na Universidade Harvard en 1958, e iniciou a súa tarefa docente en fisicoquímica na Universidade de California, Berkeley, para retornar en 1963 a Harvard. Desde 2005 é profesor de física na Universidade de Texas A&M.

Investigacións científicas Xunto a Yuan T. Lee foi un dos primeiros científicos en adoptar a técnica dos haces moleculares con fins de investigación química. A creación en 1959 dun aparello co cal dous haces, cada un deles formado por partículas dunha mesma substancia, podían entrecruzarse permitiu a colisión de átomos e moléculas de diferentes especies, reaccionando entre si. Esta colisión permitiu observar como o produto resultante escapa do lugar no que se cruzan os haces. Co uso dunha variedade de detectores de partículas pódese determinar a enerxía dos produtos da reacción e a forma en que esta enerxía se distribúe entre as diferentes formas posibles, como a translación (movemento da molécula no seu conxunto), a vibración (oscilacións internas das partes das moléculas) e a rotación.

En 1986 foi galardoado, xunto co seu colaborador Yuan T. Lee e o químico canadense John Charles Polanyi, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1986 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1986 Dudley R. Herschbach en Biografías y Vidas Perfil de Dudley R. Herschbach en NNDB

Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:National Medal of Science Categoría:Nados no condado de Santa Clara, California Categoría:Nados en 1932 Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley Categoría:Profesores da Universidade de Texas A&M Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América