Ernest Miller Hemingway, nado en Oak Park (Illinois) o 21 de xullo de 1899 e finado en Ketchum, Idaho, o 2 de xullo de 1961, foi un escritor estadounidense, correspondente de guerra en Europa. Membro da chamada Xeración Perdida, foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1954. miniatura|Hemingway no seu iate, cara a 1950. Traxectoria Acadou sona con novelas como For Whom the Bell Tolls ou A Farewell to Arms, e gañou o Nobel de literatura con O vello e o mar. Publicou un pequeno número de contos, pero todos de gran valor. Sempre viaxou moito, morando durante algún tempo en cada un dos continentes. Combateu en Francia, na Guerra Civil de España e na China.

Todos os personaxes deste escritor enfróntanse co problema da "evidencia tráxica" do fin, cun correlato evidente co propio autor. Hemingway non puido aceptala. A vida enteira xogou coa morte, ata que, na mañá do 2 de xullo de 1961, na súa casa nas montañas de Cuba, matouse co seu fusil de caza.

Obras Novelas The Torrents of Spring (1925) The Sun Also Rises (1926) A Farewell to Arms (1929) To Have and Have Not (1937) For Whom the Bell Tolls (1940) Across the River and Into the Trees (1950) O vello e o mar (The Old Man and the Sea, 1952) Adventures of a Young Man (1962) Islands in the Stream (1970) The Garden of Eden (1986) True at First Light (1999)

Non ficción Death in the Afternoon (1932) Green Hills of Africa (1935) The Dangerous Summer (1960) A Moveable Feast (1964)

Coleccións de historias curtas Three Stories and Ten Poems (1923) In Our Time (book)|In Our Time (1925) Men Without Women (1927) The Snows of Kilimanjaro (1932) Winner Take Nothing (1933) The Fifth Column and the First Forty-Nine Stories (1938) The Essential Hemingway (1947) The Hemingway Reader (1953) The Nick Adams Stories (1972) The Complete Short Stories of Ernest Hemingway (1976)

Outras Soldier's Home (1925)

Véxase tamén

Bibliografía

Izu, Miguel (2019). Hemingway en los sanfermines. Ediciones Eunate. ISBN 9788477683810.

Ligazóns externas

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1899 Categoría:Nados en Oak Park, Illinois Categoría:Finados en 1961 Categoría:Suicidios en 1961 Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Suicidas dos Estados Unidos de América Categoría:Contistas Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América