Ánxeles Penas García, nada en Teixeiro (Curtis) o 5 de maio de 1943, é unha poeta galega, primeiro en castelán e, desde 1982, en galego.

Traxectoria É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1970) e en Belas Artes (especialidade de escultura) pola Facultade de San Fernando en Madrid (1986). Ademais, fixo estudos de música no Conservatorio da Coruña e de Maxisterio. No ámbito plástico ten a dobre faceta de escultora e pintora e leva feitas máis de cincuenta exposicións, tendo fundado no 1975 o Grupo de Arte Experimental A Carón. É membro de AULIGA, e pertence ao Consello asesor da revista Serta, da UNED.

Colaborou nas revistas Zurgai, Serta, Festa da palabra silenciada, Clave Orión, Historia y vida, na revista de Internet EON MAGAZINE, crítica de arte de El Ideal Gallego da Coruña, La Voz de Galicia ("Faíscas"), Diario de Ferrol. Ten estudado a Cunqueiro, Celso Emilio, Rosalía de Castro, Xohana Torres, Grandío e Laxeiro.

Obra en galego Poesía Galicia, fondo val (1982). Ediciós do Castro. 72 páxs. ISBN 9788474921359. O santuario intocable (1992). Sotelo Blanco, Col. Leliadoura. ISBN 978-8478241347. Perfís e poéticas (2006). Baía Edicións. 106 páxs. ISBN 9788496526716. Antoloxía poética. Antología poética. Anthologie poétique, 2006, Espiral Maior. Tradución ao francés de François Davo. Amor deshabitado (2008). Espiral Maior. 68 páxs. ISBN 9788496475649. Triptico ártabro (2022). Laiovento. 86 páxs. ISBN 9788484875673. A penumbra da pomba (2026). Medulia. 84 páxs.

Obras colectivas I Festival de Poesía no Condado 1981, S. C. D. Condado. IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado. VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado. VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado. IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado. Fondo en malva, en Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña. XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado. XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado. Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela. Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior. Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Obra en castelán Poesía Con los pies en la frontera (1976). Edición da autora. Ya soy para tu muerte (1980). Madrid: Molinos de agua.

Prosa

Abelenda. Grandes pintores (2008). Deputación da Coruña. 256 páxs. ISBN 9788498120790.

Traducións Cantos caucanos, de Antón Avilés de Taramancos (2000). Espiral Maior. Edición bilingüe galego-castelán. Antología poética, de Eusebio Lorenzo Baleirón (2000). Espiral Maior. Edición bilingüe galego-castelán.

Premios Premio das Festas Minervais da Universidade de Santiago no 1970. Premio Nacional Jorge Manrique no 1971. Premio Festa da Cantiga da Coruña no 1971. Premio Abrente de Teatro de Ribadavia no 1974. Premio Cidade da Coruña no 1981.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en Curtis Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela