Bryan Sykes, nado o 9 de setembro de 1947 e finado o 10 de decembro de 2020,> foi un profesor británico de xenética na Universidade de Oxford.
Traxectoria Publicou a súa primeira pescuda sobre ADN de restos arqueolóxicos na revista Nature en 1989. Participou da pescuda do caso Ötzi (unha momia dos Alpes de Ötztal), así como da pescuda feita a persoas que pretendían ser membros da familia real dos Romanov. Sykes foi coñecido polos seus libros de ciencias e como fundador dunha firma de probas de xenética chamada Oxford Ancestors.
Así mesmo levou a cabo estudos sobre o celtismo.
Véxase tamén Ligazóns externas Ancient Britons come mainly from Spain, no Daily Mail o 20 de setembro de 2006. Oxford Ancestors website
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Londres