Antonio Mauricio (ou Mauriño) Pazos Figueroa, nado en Pontevedra en 1524 e finado en Córdoba o 28 de xuño de 1586, foi un xurista, eclesiástico e estadista galego.
Traxectoria Nado nunha familia da nobreza, estudou xurisprudencia na universidade de Salamanca e no colexio maior de San Clemente da universidade de Boloña, da que posteriormente foi reitor. De regreso a Galiza, foi oínte na Real Audiencia da Coruña. En 1560 marchou a Madrid, e logo de trabar amizade co inquisidor xeneral Fernando Valdés y Salas, tomou o estado eclesiástico e exerceu como inquisidor en Sicilia, Sevilla e Toledo, sendo amais nomeado cóengo doutoral da catedral de Tui. Trala súa intervención no proceso contra o arcebispo Bartolomé de Carranza, o papa Pío V concedeulle a abadía do Parque e o bispado de Patti (Sicilia), posto que ocupou durante dez anos.
En 1578 Filipe II nomeouno bispo de Ávila, se ben non chegou a tomar posesión, pois antes da consagración foi nomeado presidente do Consello de CastelaGonzález Dávila, G.: Theatro eclesiástico de las ciudades e iglesias catedrales de España, tomo I, páx. 155-156 .. Como tal, exerceu de gobernador do reino entre 1581 e 1583 durante a viaxe do rei a Lisboa co gallo da fin da conquista de Portugal.
Cesou na presidencia do Consello en 1583 para ocupar o bispado de Córdoba, onde fundou o seminario conciliar de San PaioFernández de las Cuevas, R.: La voz del siglo, páx. 257-260 . e participou no Concilio Provincial de Toledo.
Trala súa morte foi soterrado na capela do Sagrario da catedral de CórdobaGómez Bravo, J.: Catálogo de los obispos de Córdoba, vol. II, páx. 522-530 .Sánchez de Feria, B.: Palestra Sagrada o Memorial de Santos de Cordoba, páx. 436-437 ..
Notas
Categoría:Inquisidores Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en 1524 Categoría:Finados en 1586