O creacionismo científico ou ciencia da creación é unha rama do creacionismo, especialmente o biblicista, que procura fornecer de soporte científico ao mito do Xénese e refutar feitos científicos, teorías e paradigmas sobre a historia da Terra, cosmoloxía e evolución biolóxica.

Os seus principais propoñentes son fundamentalistas cristiáns dos Estados Unidos que tratan de probar a teoría da inerrancia bíblica.

O creacionismo científico está considerado como unha pseudociencia, xa que non foi capaz de producir hipóteses científicas que se poidan probar e verificar, aínda que pretenda presentarse como unha rama científica lexítima.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Deseño intelixente Obxeccións á evolución Probas da evolución

Categoría:Creacionismo