Juan Carlos Táboas Lorenzo, nado en Ponteareas o 22 de outubro de 1972, é un ex ciclista galego profesional.
Traxectoria En 1990 acadou o campionato de España xuvenil de ciclismo en ruta. Comezou a súa carreira profesional en 1994, no equipo hispanoruso Santa Clara. En 1997 acadou a medalla de bronce no Campionato de España de ciclismo contra o reloxo, disputado en Melilla. Tivo que abandonar o ciclismo de modo prematuro por culpa dunha deficiencia de carnitina palmitoiltransferasa tipo II.
Equipos Santa Clara (1994-1995) Paredes Movel-W 52 (1997) Recer-Boavista (1998)
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en sitiodeciclismo.net.
Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Nados en Ponteareas