Marta Neira Rodríguez, nada en Asados (Rianxo) en 1980, é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Ademais de seguir colaborando neste proxecto, participa como redactora nos Informes de Literatura dese Centro. En 2016 doutorouse coa tese Narrativa infantil e xuvenil en galego: mulleres e Guerra Civil (1936-1939), dirixida por Blanca-Ana Roig. Ten participado en diversas publicacións e congresos con traballos sobre Literatura e Literatura infanto-xuvenil galega.
Obra Obras colectivas Grandes autores para pequenos leitores. Literatura para a infância e a juventude: elementos para a construção de um cânone, 2007, Deriva Editores, Porto. Informe de Literatura 2006, 2007, Centro Ramón Piñeiro. Teatro infantil do texto á representación, 2007, Xerais. Do livro à cena, 2008, Deriva Editores, Porto. Informe de Literatura 2007], 2008, Centro Ramón Piñeiro. A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto. Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto. O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto. A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto. Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto. Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto. Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Isabel Soto. As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI (2018), Xerais. Coord. con Mª Isabel Soto López e Blanca-Ana Roig
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Rianxo