Os Goonies (en ) é un filme de aventuras dirixido por Richard Donner que se estreou en 1985. O guión foi escrito por Chris Columbus a partir da historia orixinal do seu produtor executivo Steven Spielberg. O filme trata sobre unha banda de preadolescentes que vive no barrio de "Goon Docks" en Astoria, Oregón, que tratan de salvar os seus fogares de seren derrubados. Por casualidade atopan un antigo mapa español que os leva á iniciar a busca do tesouro de Willie o chosco, un lendario pirata do século XVII.

Sinopse Mikey é un rapaz de trece anos que vive en Astoria (Oregón) na costa oeste dos Estados Unidos. O seu pai vive preocupado polo embargo do seu fogar para a construción dun campo de golf ó igual que o resto dos fogares do barrio. Mickey, xunto co seu irmán máis vello e os seus amigos, fanse chamar "Os Goonies", e un día de treboada soben a xogar ó faiado da casa, onde o seu pai garda obxectos antigos. Alí atopan un vello mapa do tesouro de "Willie o Chosco", un pirata que desapareceu xunto coa súa tripulación hai moito tempo. Os Goonies deciden saír na procura dese tesouro porque poderían resolver tódolos problemas económicos das súas familias. Para atopalo deberán sortear as trampas dos piratas e dos Fratelli, unha familia de ladróns que tamén anda tralo tesouro.

Personaxes Os Goonies Sean Astin como Michael "Mikey" Walsh Corey Feldman como Clark "Mouth" Devereaux Jonathan Ke Quan (nos créditos como Ke Huy Quan) como Richard "Data" Wang Jeff Cohen como Lawrence "Chunk" Cohen Josh Brolin como Brandon "Brand" Walsh Kerri Green como Andrea "Andy" Carmichael Martha Plimpton como Stephanie "Stef" Steinbrenner

Outros personaxes Anne Ramsey como Ma Fratelli Joe Pantoliano como Francis Fratelli Robert Davi como Jake Fratelli John Matuszak como Lotney "Sloth" Fratelli Mary Ellen Trainor como Harriet Walsh Keith Walker como Irving Walsh Steve Antin como Troy Perkins Lupe Ontiveros como Rosalita Richard Donner (cameo)

Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Richard Donner Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes de piratas Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1985 con versión en galego