Jonathan Dunne, nado en Kingston upon Thames en 1968, é un filólogo inglés ligado á cultura galega, da cal é tradutor.
Traxectoria Estudou Filoloxía ClásicaCV do persoeiro . na Universidade de Oxford. Publicou un total de once traducións de libros escritos en linguas búlgara, catalá, galega e castelá.
É o tradutor de Manuel Rivas ao inglés, con Random House Mondadori no Reino Unido e Overlook Press nos Estados Unidos. Así mesmo, é o tradutor de Carme Riera ou Enrique Vila-Matas.
Dirixe a editorial Small Stations Press.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais
Categoría:Tradutores do Reino Unido Categoría:Nados en 1968 Categoría:Editores Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores do catalán