250px|miniatura|Partido de fútbol praia en Israel. 250px|miniatura|Partido en Santiago de Compostela. O fútbol praia é unha variante do fútbol que se xoga sobre unha superficie de area lisa, entre dous equipos de cinco xogadores cada un, e cuxo obxectivo é marcar máis goles que o equipo contrario. Este deporte ten como obxectivo o lecer e o espectáculo, máis cá competitividade.

Diferenzas co fútbol As principais diferenzas entre o fútbol praia e o fútbol tradicional son: No fútbol praia hai tres tempos de doce minutos. O reloxo párase cando o árbitro sinala un tiro libre directo, un tiro de penalti, ou que un xogador está perdendo tempo. Todos os tiros libres son directos. Cando se saca un tiro libre, ningún xogador, excepto o porteiro, poderase situar no ángulo entre os paus e a pelota. É dicir, non existe a barreira. Se un xogador ve o segundo cartón amarelo, mostraráselle o cartón azul, que o expulsará durante dous minutos do terreo de xogo. O cartón vermello mostrarase se un xogador ve un terceiro cartón amarelo. O saque de banda pódese realizar tanto coas mans coma cos pés.

Terreo de xogo O terreo de fútbol praia estará constituído por unha superficie lisa de area, delimitada por cintas de cor azul. As súas medidas serán de 36 x 27 metros, cunha variación máxima de 1 m. As diferentes zonas do terreo de xogo (metades do campo, áreas penais ...) faranse mediante liñas imaxinarias que unen dúas bandeiras vermellas ou amarelas situadas a un metro no exterior do terreo de xogo. As porterías deberán ser de cor amarela fluorescente, e medirán 5,5 metros de ancho por 2,2 metros de alto.

Véxase tamén Outros artigos Galería de imaxes da selección galega de fútbol praia

Ligazóns externas Regulamento do fútbol praia en FIFA.com

Categoría:Fútbol praia