A selección de hóckey a patíns masculina de Austria é o equipo que representa a Austria nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. A pesar de que a Federación Austríaca foi fundada en 1937, Austria nunca disputou ningún Campionato do Mundo "A" nin conseguiu grandes resultados nos Campionatos de Europa, tendo participado unicamente en cinco ocasións e obtendo como mellor clasificación o oitavo (de oito participantes) conseguido en Wuppertal (Alemaña) no 2010. En 1990 participou por primeira vez nunha competición de carácter mundial, foi no Campionato do Mundo "B" disputado en Macau, no que finalizou na 17ª posición de 22 participantes, dende aquela o equipo austríaco participou en tódalas edicións do Campionato do Mundo "B", mais sen grandes resultados, sendo o cuarto posto conseguído ante o seu público en Dornbirn no 2010 a súa mellor clasificación.

Equipo Estes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010:

NºNOMEPOSICIÓN1Andreas KünzPorteiro2Thomas SimcicDefensa3Michael HammererDefensa4Jakob StockingerDefensa5Michael SchwendingerDefensa6Martin LaritzDianteiro7Michael WitzemannDianteiro8Manuel ParfantDianteiro9David HuberDianteiro10Marco WagnerPorteiro11Philipp LeyerPorteiro

Adestrador: Stefan Reichen Asistente: Karl-Heinz Speiser

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial da Österreichischen Rollsport und Inline-Skate Verband

Austria