Gonzalo Constenla Bergueiro, nado na Estrada en 1965, é profesor, escritor e expolítico galego vinculado ao BNG e, posteriormente, a Compromiso por Galicia.
Traxectoria É licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou os cursos de mestrado e doutoramento en estudos ingleses avanzados na Universidade de Vigo. Dende 1990 é titular do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, en que impartiu docencia en Ponferrada, Vigo e Pontevedra, dende 1992 é profesor da Universidade de Vigo e dende 2008 é catedrático de inglés. Imparte docencia na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, onde é o seu director, e na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo. É membro do Consello de redacción de Viceversa. Revista galega de tradución, e formou parte dos comités de organización de diversos congresos, simposios e seminarios.
Desde 1995 foi concelleiro do Grupo Municipal do BNG, e en 2000 portavoz do mesmo, na Corporación Municipal da Estrada. De 2005 a 2009, foi Delegado Provincial de Medio Rural na provincia de Pontevedra. De 2009 a 2012 foi secretario de Relacións Exteriores e Emigración do BNG.
Obras Ensaio Ensaio sociolingüístico. Antoloxía, 1996. Diccionario de sinónimos da lingua galega, 1997. Tempos de sermos, 2002.
Traducións Exploradores, expedicións e pioneiros, 1996. A guerra dos mundos de H.G. Wells, 1997.
Obras colectivas Linguas non normalizadas: presente e futuro. Actas do congreso (Pazo da Cultura de Pontevedra, 15, 16, 17 de novembro de 2001), 2002, AS-PG. Coordinador con Anxo Gómez Sánchez e Mercedes Queixas.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web do concello da Estrada
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores ao galego