Verónica Martínez Delgado, nada en Valdoviño o 4 de abril de 1976, é unha escritora e profesora galega.Texto non identificado na AELG.
Traxectoria Licenciada en Historia da Arte en 1998 pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Historia das Ciencias e das Técnicas, en Física Aplicada, pola mesma universidade en 2016. É profesora de ensino secundario de formación profesional na familia de Servizos socioculturais e á comunidade.
Participou en diversas publicacións periódicas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna, Ólisbos, Festa da Palabra Silenciada, Arraianos, Olga, e en diversos recitais, conferencias, cursos, obradoiros e congresos, sempre relacionados coa poesía e a literatura galegas. En 2018 colaborou na revista Ligeia.
A súa obra foi estudada nos ensaios Ferroláns na historia da literatura galega, de Henrique Dacosta, e Letras de Cal na producción poética galega dos 90, de Miguel Louzao Outeiro. En 2018 publicouse o traballo de fin de grao Verónica Martínez Delgado: unha poeta do século XXI nas marxes do sistema, de Lidia Gladys Cagiao Conde.
Obra Poesía Desterrada do meu corpo (2001). Letras de Cal. Deshabitada e sen verdugo (2002). Río Xuvia (Madrid). 32 páxs. ISBN 978-8486230463. Cara a un solpor de gatos (2005). Tresctres. 92 páxs. ISBN 84-934335-9-4. Lusocuria (2012). O Figurante Edicións. Instituto de Estudos Miñoranos. 81 páxs. ISBN 9788415164753. Cartapedra (2013). Lastura (Madrid). 54 páxs. ISBN 978-1730906909. Obra reunida (1994-2008) (2013). Amargord (Madrid). Edición bilingüe galego-castelán. 676 páxs. Prólogo de Luís Luna. ISBN 978-84-941957-4-7. Refuxio (2014). Toxosoutos. ISBN 978-84-15400-97-4. Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter (2014) A. C. Caldeirón. ISBN 978-84-617-2235-8. A outra voz (2015). A. C. Caldeirón. ISBN 978-84-608-3007-8.
Narrativa Mañá, se cadra, non será un día máis (2015), publicado en Internet.
Ensaio X. M. Tomé. Antolóxica (2007). Universidade de Santiago de Compostela. I Encontro Arte e Natureza (2009). Embora. Breves notas sobre a historia da Arte aplicadas á intervención sociocomunitaria (2009). Lulú. A intervención didáctica nos DEAC (2009) Lulú. Didáctica da Educación Infantil desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Inaua Editora. Metodoloxía da Intervención Social desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Ianua Editora. Pedagoxía da Animación e xestión cultural desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Ianua Editora. Didáctica da Atención a persoas en situación de dependencia desde a Intervención Sociocomunitaria (2020). Ianua Editora. Intervención Sociocomunitaria (2020). Editorial Premir. Intervención socioeducativa para a igualdade desde a Intervención Sociocomunitaria (2020). Ianua Editora. Servizos á Comunidade (2020). Editorial Premir.
Prólogos Outra vida, de Mário Herrero. O segredo de Sheela na Gig, de Iolanda Aldrei. O único lugar onde ficar inmóbil, de Arancha Nogueira. A seiva calcinada, de Alberte Momán. Manual de soidades, de Xavier Frías Conde. Doe tanto a túa ausencia (traxedia dun solitario acto), de Eli Ríos.
Obras colectivas Catro contos do Premio Repsol, 1997, Fundación Repsol. Somni de paper, 2001, Bromera. Sempre mar. Cultura contra a Burla Negra, 2003, Asociación Burla Negra. II e III Concurso de Relato Curto e Poesía, 2005, Concello de Valdoviño. Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña. O ladrón de almas, en Isto é un poema e hai xente detrás, 2007, Espiral Maior. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico. Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Sétimo andar, 2012, A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Filografias, 2013, Lastura. Esferografías, 2014, Lastura. Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega, Frank & Time, 2014. Edición de Ana Acuña. Poetízate, 2014, Xerais. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Fisterras, 2015, Lastura. 1975-2015 Moncho Reboiras Vive!, 2015, Arredista Edicións. odesexo, A. C. Caldeirón, 2016. Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora. Disto non se fala, plaqueta editorial Micromundos, 2018. Antropotecas II, 2018, Ianua Editora. 50 historias de éxito docente. Profesores finalistas a los Premios EDUCA. Mejor docente de España 2017 y 2018, Víctor Arufe Giráldez editor. Editorial Educa. 32º Festival da poesía no Condado. Que nom te silenciem, S. C. D. Condado, 2018. Verba Volant, Ianua Editora, 2022. Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero), Chan da Pólvora Editora, 2022. A Boca no Ouvido de Alguém, Através Editora, 2023.
Premios Segundo premio do VII Concurso de relatos breves Repsol no 1994, por Mañá se cadra non será un día máis. Gañadora do IV Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1996, por Había tantos homes lilas. Gañadora do V Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1997, por Deshabitada e sen verdugo. Premio Rosa de Cen Follas no 1998, por Metíchesme cen mil volumes. Accésit do I Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Desterrada do meu corpo. Premio do Concurso de Poesía Xove de Alzira no 2001, por Desterrada do meu corpo. III Premio de Poesía Afonso Eanes de Cotón no 2004, por Cara a un solpor de gatos. Mención de honra no premio GZ Crea no 2006, por O ladrón de almas. Mención no VIII Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2013, por Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter. Accésit no Certame de poemas de amor de Foz no 2014, por Xa non hai máis. Gañadora do IX Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2014, por O episodio. Segundo premio do Certame Literario Rosalía de Castro da A. C. Rosalía de Castro de Cornellà no 2014, por Test de embarazo positivo. Gañadora da sección de Poesía no X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas, por Habitación compartida no materno-infantil. Segundo premio no Certame de poesía en lingua galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa en 2018. Premio Educa Abanca como Mellor Docente de España na categoría de Formación Profesional en 2018 no posto número 7.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Colaboracións da autora na revista dixital Palavra Comum Perfil en As escollas electivas Questionário fou(cinha): Verónica Martínez Delgado. asega-critica.net. Xaneiro 2019
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de literatura erótica