Batman empeza (en ) é unha película estadounidense dirixida por Christopher Nolan, estreada no 2005 e baseada no súper heroe da DC Comics, Batman. Estreouse en galego na TVG o 8 de xaneiro de 2009.

Sinopse Narra a orixe da lenda de Batman e os motivos que o converteron no representante do ben na cidade de Gotham. Bruce Wayne vive obsesionado coas lembranzas dos seus pais, mortos a tiros na súa presenza. Atormentado pola dor, vaise de Gotham e percorre o mundo ata que atopa a un estraño personaxe que o adestra en tódalas disciplinas físicas e mentais que lle servirán para combater contra os delincuentes. Por esta razón, a Liga das Sombras, unha poderosa e subversiva sociedade secreta dirixida polo enigmático Ra's Al Ghul, intenta recrutalo. Cando Bruce volve a Gotham, a cidade está dominada polo crime e a corrupción. Coa axuda do seu leal mordomo Alfred, do detective da policía Jim Gordon e de Lucius Fox, o seu aliado na sociedade Ciencias Aplicadas de Wayne Enterprises, Wayne libera ó seu alter ego: Batman, un xusticeiro enmascarado que emprega a forza, a intelixencia e un despregue de artefactos de alta tecnoloxía para loitar contra as sinistras forzas que ameazan con destruír a cidade.

Personaxes Christian Bale coma Bruce Wayne / Batman Michael Caine coma Alfred Liam Neeson coma Henri Ducard Katie Holmes coma Rachel Dawes Morgan Freeman coma Lucius Fox Gary Oldman coma Jim Gordon Ken Watanabe coma Ra's Al Ghul Cillian Murphy coma o Doutor Jonathan Crane Tom Wilkinson coma Carmine Falcone Rutger Hauer coma Earle Linus Roache coma Thomas Wayne Mark Boone Junior coma Flass Larry Holden coma Finch

Galardóns e nomeamentos 2005: Nomeado ó Oscar: Mellor fotografía. 2005: Nomeado ó BAFTA: Mellores efectos visuais, montaxe, son. 2005: Nomeado ós Premios Razzie: peor actriz secundaria (Katie Holmes).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Christopher Nolan Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes de Syncopy Inc. Categoría:Filmes ambientados en 2005 Categoría:Filmes ambientados en Bután Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego