dereita|miniatura|Necrolóxica. Arturo Lezcano Fernández, nado en Ourense o 22 de setembro de 1939 e finado o 17 de xaneiro de 2019Chío do 18 de xaneiro de 2019 da conta da Fundación Vicente Risco no que se remite á necrolóxica., foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Comezou estudos de dereito, pero antes de rematalos iniciou a súa carreira profesional como xornalista en La Región. Foi redactor xefe e director de Ferrol Diario, cidade á que se trasladou na década dos setenta, e posteriormente traballou en La Voz de Galicia até a súa xubilación. Colaborou habitualmente nese xornal e foi vicepresidente da Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz. Como profesional asinou ano tras ano unha columna diaria, exerceu a crítica cinematográfica e mais a literaria, e asemade unha páxina semanal de divulgación do cinema. Paralelamente foi cofundador e secretario dos cineclubs Miño en Ourense e Zoom en Ferrol.
Obras Narrativa Os dados de Deus, 1994, Galaxia.Incluído, co número 92, na Biblioteca Galega 120. Só os mortos soterran seus mortos, 2001, Galaxia.
Ensaio Vicente Risco, Xunta de Galicia. Risco segundo Risco, Galaxia. Ferrol Diario, El Norte de Galicia (1969-1981). Agonía para unha expresión de seu, 1993, Lea. Ourense, cittá aperta, 1999. Antón Risco, con nome propio, 2015, Fundación Vicente Risco/Deputación de Ourense.
Conversas Risco segundo Risco, 2013, Galaxia.
Obras colectivas Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, 1993, Galaxia. Coordinado por Antón Risco. Para ler a Vicente Risco, 1997, Galaxia. Con Carlos Casares e Antón Risco. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Vida persoal
Casou con Viruca González Estévez, e foi pai de Emma, Mavi, Antón, Arturo e Carlos Lezcano González.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2019