Wesley "Wes" Studi (en ) nado en Nofire Hollow (Oklahoma) o 17 de decembro de 1947, é un actor e produtor cherokee que gañou fama internacional polos seus papeis en filmes de nativos americanos. Apareceu en filmes premiados co Óscar como Dances with Wolves (1990) ou O derradeiro dos mohicanos (1992), e en filmes nomeados neses premios como Xerónimo (1993) e The New World (2005). Tamén é coñecido por interpretar a Sagat en Street Fighter (1994). Outros filmes nos que apareceu son Hostís, Heat, Mystery Men, Avatar, A Million Ways to Die in the West, así como na serie de televisión Penny Dreadful. En 2019, recibiu un Óscar Honorífico, converténdose na segunda persoa nativa americana en gañar un Óscar (sendo a primeira Buffy Sainte-Marie), e é o primeiro nativo americano en recibir un Óscar por actuar.

Traxectoria Fillo de Maggie, unha ama de casa, e Andy Studie, un traballador nun rancho, Studi foi educado na Chilocco Indian Agricultural School en Oklahoma do Norte. Ata que ingresou na escola primaria, só falaba a lingua cherokee. En 1967, foi recrutado no Exército e serviu 18 meses na Guerra de Vietnam. Despois diso, Studi volveuse activo politicamente e participou na ocupación de Wounded Knee na reserva india de Pine Ridge en 1973.

Adicouse a dar clases de cherokee e escrita en silabario, e axudou a fundar un xornal en lingua cherokee. Entrou no negocio da gandería. Após que o seu matrimonio rematase en divorcio, Studi deixou a gandería e comezou a estudar interpretación.

Filmografía Ano Filme Papel Notas1989 Powwow Highway Buff 1990 Dances with Wolves Xefe dos Pawnee 1991 The Doors Indio no deserto 1992 O derradeiro dos mohicanos Magua 1993 Xerónimo Gerónimo 1993 The Broken Chain Seth / Chief / Speaker for the Tribes 1994 Street Fighter Victor Sagat 1995 Lone Justice 2 One Horse Heat Detective Casals Streets of Laredo Amigo indio de Pea EyeTV1996 The Killing Jar Cameron1997 Crazy Horse Nube Vermella TV1998 Deep Rising Hanover The Horse Whisperer garda do parque Soundman Terry Leonard 1999 Mystery Men The Sphinx 2001 Ice Planet Commander Trager Christmas in the Clouds Bingo Caller Road to Redemption Frank Lightfoot 2002 Undisputed Mingo Pace Skinwalkers Tte. Joe Leaphorn 2003 Edge of America Cuch The Ugly One Mike Coyote Waits Tte. Joe Leaphorn 2004 Echoes from Juniper Canyon Avó VozA Thief of Time Tte. Joe Leaphorn 2005 Into the West Black Kettle Animal Creeper Voz Miracle at Sage Creek Xefe Thomas The New World Opechancanough 2006 Three Priests Ben 2007 Enfrontados Charon Enterrádeme o corazón en Wounded Knee Wovoka 2008 Comanche Moon Buffalo Hump TV 2009 Avatar Eytukan Trail of Tears Maior Ridge Kings Xeneral Linus Abner The Only Good Indian Sam Produtor executivo

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Actores de Oklahoma Categoría:Pobo cherokee Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Nados no condado de Cherokee, Oklahoma Categoría:Óscar honorífico