Fernando Ramón Lavandeira Suárez, nado en Taragoña (Rianxo) en 1966, é un escritor galego.

Traxectoria É Diplomado en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe formación de posgrao en Animación Sociocultural (UNED e Universidade Pontificia de Salamanca) e Didáctica Ocupacional (Universidade de Vigo). Traballa como Coordinador da Área de Educación e Cultura do Concello de Rianxo. Asemade é investigador da Universidade de Santiago de Compostela no ámbito da Pedagoxía Social e da Educación Ambiental.

Colabora con La Voz de Galicia, as revistas Leña Verde e Interea-Visual, e co Seminario Internacional de Tradución e Poética (Auliga).

Obras Poesía Mar que evita o meu regreso, 2000, Ediciós do Castro. Tempo é de que se saiban, 2006. Poemas, 2007.

Obras colectivas 37 poemas por man propia, 2006, Bourel. Voces na Guerra, 2006. Voces na materia, 2006. A cor dos soños, 2007, Literatura infanto-xuvenil. Poetas con Rosalía IV, 2009. En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.

Premios Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2009, por Gaspar Gaspar.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1966