Camino é unha película de 2008 dirixida por Javier Fesser. O título fai referencia ao libro homónimo escrito por Josemaría Escrivá de Balaguer. Inspirada na verdadeira historia de Alexia González Barros, a filla máis nova dunha familia pertencente ó Opus Dei, que faleceu en 1985 ós 14 anos de idade, tras 10 meses de enfermidade, e que actualmente está en proceso de canonización.

Sinopse Unha aventura emocional en torno a unha nena de once anos, moi relixiosa, que se enfronta ó mesmo tempo a dous acontecementos que son completamente novos para ela: namorarse e morrer. Camino é, sobre todo, unha luz brillante quen de atravesar todas e cada unha das tenebrosas portas que se van pechando ante ela, e que pretenden en van afundir na escuridade o seu desexo de vivir, amar e sentirse definitivamente leda.

Personaxes Nerea Camacho como Camino Carme Elías como Gloria Mariano Venancio como José Manuela Vellés como Nuria Ana Gracia como Inés Lola Casamayor como Tía Marita Lucas Manzano como Cuco Pepe Ocio como Don Miguel Ángel Claudia Otero como Begoña Jordi Dauder como Don Luis Emilio Gavira como Mr. Meebles Miriam Raya como Elena

Galardóns e nomeamentos 2008: 6 premios Goya: Mellor película, director, guión orixinal, actriz (Carme Elías), actor secundario (Jordi Dauder), actriz revelación (Nerea Camacho). 2008: Premios Gaudí: Mellor filme europeo.

Véxase tamén Ligazóns externas Camino na IMDb Páxina web oficial

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Javier Fesser Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes rodados en Almería Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película