Herman Joachim Bang, nado en Asserballe (Schleswig) o 20 de abril de 1857 e finado en Ogden (Utah, Estados Unidos) o 29 de xaneiro de 1912, foi un escritor dinamarqués.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia nobre da illa de Selandia, xa aos vinte anos publicou dous volumes de ensarios literarios. En 1880 publicou a novela Haabløse Slaegter (Familias sen esperanza), que foi prohibido polo Tribunal Supremo dinamarqués por inmoral. Despois dunha viaxe por Noruega e Suecia, asentouse en Copenhaguen e escribiu novelas e libros de relatos que o fixeron un dos novelistas máis populares de Escandinavia. Entre os seus libros máis famosos están Faedra (1883) e Tine (1889). A súa novela Mikaël (1904) é a súa obra máis explicitamente homosexual.
Véxase tamén
Ligazóns externas Obras do autor
Categoría:Escritores en lingua dinamarquesa Categoría:Escritores de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Syddanmark Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1912