O Novo Galiciano foi un semanario galego que se editou en Pontevedra entre 1888 e 1889.

Historia e características Subtitulado Defensor d’os intereses gallegos, tiña carácter rexionalista. Periódico semanal, publícase os domingos. O seu director foi Juan Manuel Rodríguez de Cea, quen tamén colaboraba xunto a Ricardo Barros Pintos. Nel publicaron prosa e poesía Cesáreo López Pinal, Francisco Lourido Sánchez, Marcial Valladares, Juan Barcia Caballero, Heraclio Pérez Placer e Máximo Leyes Posse. Conviviu algúns anos co periódico O Galiciano. Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:1888 en Galicia