Xosé Farruco Graña Rama, nado en Carballo o 7 de outubro de 1966, é un escritor, profesor e político galego.
Traxectoria Licenciouse en Filosofía en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Establecido en Ribadeo, foi profesor de Filosofía no IES Marqués de Casariego, en Tapia de Casarego (Asturias). Ten presentado traballos en varias edicións da Semana Galega de Filosofía, así como en Cursos de Formación do Profesorado. Na actualidade colabora coa prensa local tanto da Mariña (El Progreso-A Mariña, La Comarca del Eo) como de Bergantiños (La Voz de Galicia), así como con prensa de ámbito galego como Xornal.com, A Nosa Terra ou Sermos Galiza.
Tras as eleccións municipais de 2015 foi concelleiro de Ribadeo ata 2019, encargado da área de Cultura.Acta do pleno de constitución: http://ribadeo.gal/mediateca/albumes/imx/1448448480ACTA_DO_PLENO_2015-0005.pdf Acta do pleno de ordenación. http://ribadeo.gal/mediateca/albumes/imx/1448448647ACTA_DO_PLENO_2015-0007.pdf Tras deixar o cargo, é presidente da Asociación Cultural Francisco Lanza.
Obras Narrativa O bosque de Nadgor (2007). A. C. Francisco Lanza, Ribadeo. 218 páxs. ISBN 978-84-611-7320-4. O soño de Xoán (2015). Edicións Embora. 120 páxs. ISBN 978-84-16456-04-8. Badaladas de Anllóns (2017). Edicións Embora. 152 páxs. ISBN 978-84-16456-54-3. Eu voun navegar (Relatos dunha noite de verán) (2026). Lar Libros, Colección Narrativa. Ilustracións de Mon Lendoiro.
Obras colectivas A Coruña á luz das letras (2008). Trifolium. Follas de Carballo (2011). Asociación Cultural Lumieira. Contos da taberna (2014). Edicións Embora. Carballo. Derrubando muros con pintura (2016). Edicións Embora.
Premios
Primeiro premio, modalidade Narrativa (adulto/as) do XVI Certame Literario Terras de Chamoso.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadeo
Ligazóns externas Aparicións públicas diversas, recompiladas pola AELG "Cales son as liñas de creación da túa escrita?", na web de AELG
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria