Amistad é un filme dirixido por Steven Spielberg que se estreou en 1997. É un drama baseado en feitos reais sobre o amotinamento dos escravos que ían a bordo do veleiro español "La Amistad" no ano 1839, e a loita legal que provocou. Foi rodada en tres linguas; en inglés, en español e en lingua mende.

Sinopse No ano 1839, un barco español chamado "La Amistad" é o escenario dun amotinamento por parte dos escravos africanos que transportaba. Estes fanse co control do navío tentando volver ó seu fogar, pero non conseguen o seu obxectivo e son levados ós Estados Unidos para seren xulgados por asasinato. Este suceso pon en evidencia a división social do país pola diferenza de posturas sobre a escravitude que hai entre o norte e o sur dos Estados Unidos. A Guerra de Secesión é unha ameaza para o presidente Martin Van Buren. Ademais diso hai mesturados importantes intereses económicos, mentres que para os presos só se trata dun dereito fundamental do ser humano, a liberdade.

Personaxes Morgan Freeman como Theodore Joadson Nigel Hawthorne como Martin Van Buren Anthony Hopkins como John Quincy Adams Djimon Hounsou como Joseph Cinqué Matthew McConaughey como Roger Sherman Baldwin David Paymer como Secretario do State John Forsyth Pete Postlethwaite como William S. Holabird Stellan Skarsgård como Lewis Tappan Razaaq Adoti como Yamba Abu Bakaar Fofanah como Fala Anna Paquin como Isabel II de España Tomas Milian como Calderon Chiwetel Ejiofor como James Covey Derrick Ashong como Buakei Geno Silva como Ruiz John Ortiz como Montes Ralph Brown como Tenente Gedney Darren E. Burrows como Tenente Meade Allan Rich como Xuíz Juttson Paul Guilfoyle como Attorney Peter Firth como Capitán Fitzgerald Xander Berkeley como Hammond Jeremy Northam como Xuíz Coglin Arliss Howard como John C. Calhoun Austin Pendleton como Profesor Gibbs Daniel von Bargen como Warden Pendleton Rusty Schwimmer como Señora Pendleton Pedro Armendáriz Jr. como Xeneral Espartero Harry Blackmun como Justice Joseph Story Frank T. Wells como Pregoeiro Michael Massee como Garda da prisión Roy Cooper como Pickney Jake Weber como Señor Wright Victor Rivers como Capitán Ferrar Joseph Kosseh como Birmaja Steve Passewe como Cinque na lei Sherly Acosta Williams como Muller de Cinque Matt Sarles como Aide mozo George Gerdes como Marshal Gerald R. Molen como Maxistrado Kevin J. O'Connor como Misioneiro Robert Walsh como Garda Sean McGuirk como Mensaxeiro Tony Owen como Granxeiro Harry Groener como Capitán do Tecora Hawthorne James como Cociñeiro Ingrid Walters como Muller abordo co bebé

Galardóns e nomeamentos 1997: 4 Nomeamentos ó Oscar: Actor secundario (Hopkins), fotografía, vestiario, bso. 1997: 4 Nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo director (Spielberg), película drama.

Notas

Véxase tamén Outros artigos La Amistad Joseph Cinqué

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua mende Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes rodados en Rhode Island Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes rodados en Connecticut Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre a escravitude nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre presidentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1839 Categoría:Filmes ambientados en 1840 Categoría:Filmes ambientados en 1841 Categoría:Filmes ambientados en Serra Leoa Categoría:Filmes ambientados en Cuba Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes ambientados no Imperio Británico Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts