250px|miniatura|Edificio de El Corte Inglés en Vigo. El Corte Inglés é o primeiro grupo de distribución de España e o número 40 do mundo por volume de vendas e está composto por empresas de distintos formatos entre os que cabe destacar o orixinario de grandes almacéns por departamentos. Neste formato é o líder europeo por volume de vendas e o segundo a nivel mundial detrás de Sears e por diante de Macy's. El Corte Inglés está considerado a segunda empresa familiar de España, impulsada inicialmente polo asturiano Ramón Areces, e a 66 do mundo. É a empresa privada con máis empregados en España. Ten a súa sede en Madrid.

Está formado polos grandes almacéns El Corte Inglés, que representan o 59% do peso do grupo, Óptica 2000, Opencor, Hipercor, Bricor, Telecor, Supercor e Viajes El Corte Inglés.

Distribución xeográfica No 2016, El Corte Inglés dispoñía de 95 grandes almacéns:Centros Comerciales elcorteingles.es

España: 93 Andalucía (20): Alxeciras, Cádiz, Córdoba (2), El Ejido, Granada (2), Huelva, Xaén, Xerez da Fronteira, Linares, Málaga (2), Marbella, Mijas, San Fernando, San Juan de Aznalfarache e Sevilla (3). Aragón (5): Zaragoza (5). Asturias (4): Avilés, Xixón e Oviedo (2). Baleares (2): Palma de Mallorca (2). Canarias (3): Las Palmas de Gran Canaria (2) e Santa Cruz de Tenerife. Cantabria (1): Santander. Castela-A Mancha (3): Albacete, Guadalajara e Talavera de la Reina. Castela e León (6): Burgos, León, Salamanca e Valladolid (3). Cataluña (10): Barcelona (6), Cornellà de Llobregat, Girona, Sabadell e Tarragona. Estremadura (1): Badaxoz. Galicia (4): A Coruña (2), Santiago de Compostela e Vigo. Comunidade de Madrid (17): Alcorcón, Alcalá de Henares, Arroyomolinos, Xetafe, Leganés (2), Madrid (10) e Pozuelo de Alarcón. Rexión de Murcia (4): Cartaxena, Murcia, Espinardo e Molina de Segura. Navarra (1): Pamplona. País Vasco (4): Bilbao (2), Éibar e Vitoria. Comunidade Valenciana (8): Alacant, Castelló de la Plana, Elx e Valencia (5). Portugal: 2 (Lisboa e Porto).

Véxase tamén

Ligazóns externas Información corporativa de El Corte Inglés

Categoría:Grupo El Corte Inglés Categoría:Empresas de distribución