Carolina Cerezuela Gil, nada en Elx (Alacant) o 14 de xaneiro de 1980, é unha actriz e presentadora española.

Traxectoria En 2001 gañou o premio de beleza Linda de España. Estudou Relacións Laborais na Universidade Miguel Hernández de Elx (Alacant). A súa carreira interpretativa comezou no teatro aos 15 anos, e a pesar de non estudar nunca arte dramática, aos 20 anos empezou a traballar en televisión.

A pesar de todas as súas actuacións, foi o seu papel como Mónica Salazar na serie Camera Café onde realmente se deu a coñecer entre o gran público.

Realizou distintos traballos no mundo da moda, tanto como modelo de pasarela para deseñadores como Paco Teruel, como de modelo fotográfica para catálogos ou anuncios publicitarios. As súas afeccións favoritas son o deporte (especialmente a hípica e a natación) e a música.

Actriz Teatro Cuatro corazones con freno y marcha atrás (1996) de Jardiel Poncela. Hombres (1997) de Sergi Belbel. Te odio amor mío (1998) baseada en textos de Dorothy Parker. Criaturas (1999) El enfermo imaginario (2000) de Molière.

Televisión Arrayán (2003) como Julia. El secreto (2002) como Charlie. La verdad de Laura (2002) como Eva. Paraíso (2003) como Susi. Aquí no hay quien viva (2004) como Vanessa. El pasado es mañana Paco y Veva (2004) como representante. Camera Café (2005-2009) como Mónica Salazar. Los Serrano (2006), como Candy. Amistades Peligrosas (2006) como Helena García. Manolo y Benito Corporeision (2006-2007), como Lola. Esto es increíble (2006-07), presentadora. Especial Nochevieja de Telecinco (2007), presentadora con Emilio Pineda e Carmen Alcayde. Hospital Central (2007-2009) como Verónica Solé. Xq No Te Callas (2008), co-presentadora do programa con Eugeni Alemany. Tu cara me suena (2011-2013), xurado do programa xunto a Àngel Llàcer, Mónica Naranjo e Carlos Latre. Badaladas 2012 (2012), co-presentadora xunto a Carlos Sobera.

Vida persoal A súa parella é o tenista Carlos Moyá co que iniciou unha relación a mediados de 2007 e con quen ten dous fillos, Carla, que naceu en Palma o 18 de agosto de 2010 ás 9.20 horas e cuxo peso foi de 2.860 gramos; e Carlos.

Véxase tamén Ligazóns externas Fotos e información sobre Carolina Cerezuela Web dedicada a Carolina Cerezuela

Categoría:Actores da Comunidade Valenciana Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en Elx Categoría:Nados en 1980 Categoría:Actores de Hospital Central Categoría:Personalidades sen imaxes